Xadrez Viviente en Rivadavia

Xadrez humano en Ribadavia, “ Festa da Istoria 2016”

O Club Xadrez Ourense organiza o tradicional xadrez vivinte medieval

 Dentro do programa de actividades festivas e culturais da Festa da Historia (Ribadavia 2016), tivo lugar o Sábado día 27 de Agosto o tradicional xadrez humano medieval, organizado, un ano máis e como ven sendo habitual nas últimas XVII edicións, polo Club Deportivo Xadrez Ourense en colaboración coa Coordinadora da Festa da Istoria de Ribadavia.

Graciela Gómez no papel de Dona María Pimentel (pezas negras), Jesús Conde no papel de Bernardino Sarmiento (pezas blancas), Alejandro de León como técnico de taboleiro xigante e Elías Xosé González na dirección, xunto cos 32 xóvencísimos participantes e vecinos da comarca do Ribeiro, desenvolveron a representación teatralizada dunha clásica partida na que todas as pezas do taboleiro teñen protagonismo.

A ambientación no contexto histórico, e elección dos persoaxes correron a cargo da Licenciada en Historia e Monitora Nacional de Xadrez, Graciela Gómez Cid.

Malia o intenso calor que reinou en Ribadavia na mediodía do sábado 27, foron numerosas as persoas que se achegaron ao auditorio do castelo da vila para presenciar o vistoso xadrez vivinte.

Ver galería de imaxes
Ver Nota de Prensa I, (La Región, 28 de Agosto)

Ver Nota de Prensa II, (La Región, 28 de Agosto)

Campionato de Europa Xuvenil en Praga

Campionato Xuvenís en Praga

do 17 ao 28 de agosto 2017 en Praga

resultados en chess result

coa participación dos irmáns  Benjamín e Puri Gómez Diéguez, sub 10 e sub 8, ámbolos dous do Xadrez Benchosey, os que alcanzaron unha digna actuación.

Puri logra a metade dos puntos a pesar de estar enferma dúas roldas e Benjamín consegue subir o seu Elo neste fortísimo campionato. Seguro que voltan cunha gran experiencia nunhas das capitais culturais de Europa.

Noraboa aos dous polo esforzo e dedicación!

 

Campionatos de España por categoría en Salobreña 2016

Campionatos de España por Categorías 2016

Salobreña (Granada)

Un total de 24 xogadores ourensáns participaron nas distintas categorías e modadlidades dos clubs Xadrez Ourense (17), Benchosei (5) e Casa da Xuventude  (2), ao longo de 7 semanas entre xullo e agostode 2016.

En absoluto, destacar o 7º posto de Yudania Hernández, xogadora do Xadrez Ourense, así como o posto 74 de Fernando Sánchez, ex xogador do Xadrez Ourense e varias veces campión galego.

Mención especial ao 8º posto obtido na categoría Sub-18 por Adrián Gómez Diéguez, e digna actuación de Alejandro Cervigni que segue progresando, ambolos dous do Xadrez Ourense.

Máis que dignas actuacións de Gabriel Roma Barge do Xadrez Ourense (posto 44 con 5.5),  en sub-16 e de Miguel Puga Sánchez da casa da xuventude (posto 110 con 3), que tivo máis sorte na modalidade de xadrez rápido conquistando o 12º lugar.

Na categoría sub 14,  Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), rematou no posto 28 e nun excelente 5º posto na modalidade de rápidas. En tanto que, Mateo Díaz Gómez (Casa da Xuventude) acadou o posto 89 (dun total de 151) confirmando un importante ascenso de ránking internacional.

Na categoría Sub-12, Xacobe Conde Riveiro, Marcos Vázquez Gómez e Laura Gómez Carreño, do  Xadrez Ourense, tiveron positivas actuacións tanto na modalidade clásica como de rápidas e aumentaron o seu ránking internacional.

Na categoría sub 10, descatar a actuación positiva de Benjamín  Diéguez Nóvoa (Benchoshei) como a da súa irmá Pura (Benchosei) que seguen aumentando o seu ranking international.

Na categoría Sub-8  Pura Diéguez Nóvoa (Benchoshey) en chicas acada un excelente 7º posto.

Noraboa a todos eles e a todos os que esquecin e participaron!

“O importante non é vencer, senón participar” (E. Talbot)

Ver Clasificación Campeonato de España Absoluto

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-18

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-16 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-16 

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-14 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-14

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-12 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-12

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-10 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-10

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-8

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo 17 de Agosto)

Ver nota de prensa I, (Voz de Galicia, 19 de Xullo)

Copa Deputación Xadrez Activo Esgos 2016

Campionato Copa Deputación Activo 2016

CARTEL TORNEO DIPUTACION

Esgos, 20 de agosto a partir das 16 h 30

no Centro Cultural Parada Justel

Organiza: Xadrez Ben Cho Sei

Bases e inscrición

Uns 60 xogadores entre todas as categorías nunha tarde soleada déronse cita para competir nun ambiente amigabel. Proclamouse campión David Gómez Diéguez do Xadrez Ourense na categoría absoluta e é o novo campión de Xadrez activo 2016. Na categoría femenina proclamouse campioa Samantha Couso do Xadrez Celanova, mentres tanto Xosé Carlos Rodríguez do Xadrez Verín alcanzou o trofeo de veteráns…
Campión Sub 16: Miguel Puga (Casa da Xuventude) – Laura Agudelo ( Esgos)
Sub 14: Mateo Díaz (Xadrez Ourense) – Sara Pérez (Esgos)
Sub 12: Xacobe Conde (Xadrez Ourense) – Noa Formoso (Ben Cho Sei)
Sub 10: Tristán Alonso (Xadrez Verín) – Martina Vidal (Ben Cho Sei)
Sub 08: Saúl Formoso (Xadrez Ben cho sei) – Sabela Conde (Xadrez Ourense)  
Resultados Finais Activo Esgos 2016

III Torneo Internacional Campus Universitario 2016

Torneo Internacional Campus de Ourense do 4 ao 10 de xullo 2016
Torneo pertencente ao XXIX Circuito Galego Internacional de Xadrez 2016.

Local de xogo: Pabellón Universitario do Campus de Ourense

CampusOurenseIII

O xogador MI Arian González Pérez proclamouse campión no III Torneo Internacional Xadrez Campus de Ourense 2016

Información e basesCartel

Segue toda a información: info64.org

Artigos

O torneo arranca con 80 participantes

Arian González gaña un disputado III Torneo Internacional Xadrez Campus de Ourense

Arian González ganó el Torneo del Campus tras un cuádruple empate

Falece o GM Dragan Paunovic

 

SONY DSC

20 de maio 2016

Falece recentemente o GM yugoslavo afincado en Galicia que participou en numerosas ocasións no Cidade das Burgas…
Os que estivemos no Memorial Xosé Henrique Rodríguez Peña en xuño do 2006 recordamos naquel pechado como sufría un amago de infarto que non lle permitiu xogar a partida do día. O GM francés Igor Nataf xogou a pesar de todo a súa partida no hospital… recordarémolo pola súa paciencia e amabilidade que mostraba dende hai 4 anos na escola de xadrez de Chantada…

Vai unha mostra do seu talento

La Voz de Galicia

Noticias de Xadrez de Ourense