Archivo de la categoría: Campionatos Galegos

Campionatos Galegos en Viveiro: sub 10, 14, 18

Remataron os campionatos galegos sub 10, 14 e 18 en Viveiro con doble éxito dos ourensanistas que acadaron 2 campionatos en  e 1 bronce en chicos, e un subcampionato en chicas.

Angel Domínguez (Liceo)proclamouse campión en sub 18. En tanto que Gabriel Roma (Xadrez Ourense) e Miguel Puga (Universitario) acababan a medio punto, 4º e 5º respectivamente, despois dunha meritoria última rolda na que Gabriel Roma vencía ao Mestre Fide, primeiro do rancking, David García Sobrino, e Miguel Puga entablaba con Ángel Domínguez.

En categoría sub 14, Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense) proclamouse Campión Galego con 6,5 puntos de 8 con 4 victorias consecutivas e un empate na recta final que non deixaron dúbida sobre a súa supremacía, en tanto que os seus compañeiros de equipo, Mateo Díaz Gómez (Xadrez Ourense) , alcanzaba unha meritoria 6º praza e Xacobe Conde Riveiro (Xadrez Ourense), outra meritoria 10 º praza, sendo aínda sub 12.

En categoría sub 10, Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez Verín) acadou o bronce gracias a unha notable actuación dado que partía sen Elo Fide, o que lle vai permitir entrar na clasificación internacional cunha puntuación que o situará entre os mellores da súa categoría a nivel autonómico. No apartado de chicas, Carlota García González (Benshosey) facíase co subcampionato e o 9º posto xeral, partindo tamén sen Elo Fide.

Clasificación sub 10

Clasificación sub 14

Clasificación sub 18

Prensa A Voz

Prensa A Region