Archivo de la categoría: Campionatos Nacionais

Campionatos a Nivel Nacional

Campionatos de España por categoría en Salobreña 2016

Campionatos de España por Categorías 2016

Salobreña (Granada)

Un total de 24 xogadores ourensáns participaron nas distintas categorías e modadlidades dos clubs Xadrez Ourense (17), Benchosei (5) e Casa da Xuventude  (2), ao longo de 7 semanas entre xullo e agostode 2016.

En absoluto, destacar o 7º posto de Yudania Hernández, xogadora do Xadrez Ourense, así como o posto 74 de Fernando Sánchez, ex xogador do Xadrez Ourense e varias veces campión galego.

Mención especial ao 8º posto obtido na categoría Sub-18 por Adrián Gómez Diéguez, e digna actuación de Alejandro Cervigni que segue progresando, ambolos dous do Xadrez Ourense.

Máis que dignas actuacións de Gabriel Roma Barge do Xadrez Ourense (posto 44 con 5.5),  en sub-16 e de Miguel Puga Sánchez da casa da xuventude (posto 110 con 3), que tivo máis sorte na modalidade de xadrez rápido conquistando o 12º lugar.

Na categoría sub 14,  Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), rematou no posto 28 e nun excelente 5º posto na modalidade de rápidas. En tanto que, Mateo Díaz Gómez (Casa da Xuventude) acadou o posto 89 (dun total de 151) confirmando un importante ascenso de ránking internacional.

Na categoría Sub-12, Xacobe Conde Riveiro, Marcos Vázquez Gómez e Laura Gómez Carreño, do  Xadrez Ourense, tiveron positivas actuacións tanto na modalidade clásica como de rápidas e aumentaron o seu ránking internacional.

Na categoría sub 10, descatar a actuación positiva de Benjamín  Diéguez Nóvoa (Benchoshei) como a da súa irmá Pura (Benchosei) que seguen aumentando o seu ranking international.

Na categoría Sub-8  Pura Diéguez Nóvoa (Benchoshey) en chicas acada un excelente 7º posto.

Noraboa a todos eles e a todos os que esquecin e participaron!

“O importante non é vencer, senón participar” (E. Talbot)

Ver Clasificación Campeonato de España Absoluto

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-18

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-16 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-16 

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-14 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-14

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-12 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-12

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-10 (rápido)

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-10

Ver Clasificación Campeonato de España Sub-8

Ver nota de prensa II, (Faro de Vigo 17 de Agosto)

Ver nota de prensa I, (Voz de Galicia, 19 de Xullo)