Docencia en Ourense

3-monitoras

O pasado 6 de Decembro, (festivo día da Constitución), o xornal “La Voz de Galicia” adicou un merecido e amplo reportaxe a toda páxina referido á excelente labor que están a realizar na actualidade 3 das monitoras de xadrez máis activas de toda Galicia e que temos a sorte, de que tal tarefa a estén a desenvolver na nosa cidade e provincia.

Elas son  Graciela Gómez, Ángeles Rodríguez e Alba Rodríguez, 3 técnicos e monitoras FEDA tituladas e pertencentes á estructura formativa do Club Deportivo Xadrez Ourense (entidade que conta na actualidade con ata 10 técnicos titulados que se reparten 12 titulacións de ámbito autonómico, nacional e internacional).

As tres adestradoras, a pesar da súa xuventude, son profesionais regularizadas do ensino e levan xa anos adicadas ao xadrez de iniciación nos colexios da cidade e provincia así como tamén no centro de tecnificación do Club Xadrez Ourense, ademais de desenvolver outras importantes actividades relacionadas coa formación e divulgación do xadrez. Entre as tres monitoras dan cobertura coa súa labor de monitoras de xadrez a numerosos centros de Ensino da cidade e provincia como son Amadeo Barroso, Casardomato, Ruxidoiro, Filomena Dato, Maristas, As Mercedes, Franciscanas, A Ponte, Seminario, A Anexa, Carmelitas, Josefinas, Covadonga, O Couto, e tamén a varias escolas deportivas de xadrez de Concellos como San Cibrao, Carballiño ou Leiro, sen esquecerse doutros centros aos que se lle otorga tamén cobertura con outros monitores desde o Club Xadrez Ourense como son San Pío X, Vistahermosa, ou o “Saco e Arce” de Toén.

Graciela Gómez (1981) é monitora Nacional titulada pola Federación Española e Licenciada en Historia, Ángeles Rodríguez (1982) é monitora Nacional titulada pola Federación Española e Psicóloga colexiada e Alba Rodríguez (1993) é monitora Nacional titulada pola Federación Española e Mestra de educación primaria, ademais de deportista en activo e adestradora de Fútbol “once”

maestras-ajedrez-ourensano-digital-voz-galicia-6-12-17

maestras-ajedrez-ourensano-digital-voz-galicia-6-12-17

Noticias de Xadrez de Ourense