Campionato de España Xuvenil de Salobreña 2017

Martín Gómez Carreño, Bronce no Campeonato de España Individual 2017 de rápidas.

Xacobe Conde Riveiro, prata en sub 12 

imagen-martin-gomez-bronce-nacional-2017

O xoven xadrecista ourensán de 14 anos de idade, Martín Gómez Carreño, acaba de proclamarse medalla de bronce no campeonato de España Individual da categoría sub-14, dentro da modalidade de xadrez rápido, que rematou o domingo 23 de Xullo na granadina localidade de Salobreña.

clasificacion-nacional-sub14-rapido-2017

A competición congregou ata 140 participantes das 17 comunidades autónomas do panorama nacional. O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, realizou unha soberbia actuación e conquistou 7.5 puntos dos 9 posibles en litixio que o levaron ao terceiro peldaño do podio, nunha categoría na que xa son varios os xadrecistas de enorme nivel, como ratifican as varias titulacións internacionais que ostentan algúns deles.

Con esta magnífica noticia para o xadrez ourensán, unida ao subcampionato de España obtido hai 7 días por Xacobe Conde Riveiro dentro da categoría sub-12, e que é compañeiro de Club no club Xadrez Ourense de Martín Gómez, o xadrez ourensán continúa a reivindicarse dentro do panorama nacional dun xeito cada vez máis visible  seguindo a liña deportiva marcada dende hai anos por o G.M. Iván Salgado, pentacampeón de España individual e subcampeón do mundo Xuvenil en 2012, que agora pode observar como os máis xóvenes, buscan e logran, cada vez máis, verse reflexados nos seus éxitos e na súa gran traxectoria.

Tamén hai que salientar a positiva actuación doutros xóvenes xadrecistas ourensáns dentro da categoría Sub-14, tanto na modalidade de xadrez clásico como na de rápidas, como foron Mateo Díaz Gómez, Marcos Vázquez Gómez e Adrián Vázquez Velasco, todos eles do Club Xadrez Ourense que acadaron positivas actuacións e as súas conseguintes subidas dentro do ránking internacional.

Hai que salientar que nas categorías sub-8 lento, sub-10 lento, sub-10 rápido, e Sub-12 lento e rápido xa participaron varios xóvenes xadrecistas Ourensán, como Escarlata Alonso (Xadrez Verín), Pura Diéguez e Benjamín Diéguez (ambos do Xadrez Benchoshey) e Laura Gómez e o mencionado Xacobe Conde (ambos do Xadrez Ourense), resultando o máis salientable as actuacións de Xacobe en Sub-12, que obtivo a prata nacional, ou a de Tristán Alonso en Sub-10 rápido que tamén estivo cerca dos mellores.

Élías González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *