Campionatos escolares do 14 ao 18 de maio 2017

Campeonato Provincial Escolar por equipos – XOGADE 2017

70 xóvenes xadrecistas e 28 equipos os días 14 e 18 de maio en Barrocás no provincial de equipos 2017

O Domingo día 14 de Maio e o Xoves día 18, tiveron lugar nos locais da Asociación de Veciños de Barrocás as competicións provinciais por equipos das categorías Benxamín, Alevín e Infantil, disputadas dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Na primeira xornada do Domingo día 14, ata 140 xóvenes da provincia de Ourense que representaron a un total de 21 equipos, participaron ao longo de toda a xornada, na que se disputaban as categorías Alevín e Benxamín.

En Alevíns o Club Deportivo Xadrez Ourense foi o vencedor entre un total de 6 equipos, mentres que en Benxamíns o Benchoshey Amarillo impúxose entre 15 escuadras participantes.

Xa na tarde do Domingo día 18 de Maio, máis dunha trintena de xóvenes, que representaban a 7 escuadras das categorías infantil mixta e infantil feminina, tomaron parte na xornada final desta competición provincial por equipos 2017.

O Club Deportivo Xadez Ourense impúxose en ambas categorías, co que se colocaba como primeira entidade no medalleiro, con ata tres ouros por equipos nas diferentes categorías, ademais dunha prata.

clasificacion-escolares

galeria-de-imaxes-2017

region-16-de-maio

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *