Campionatos Galegos sub 08, sub 12, sub 16 e absoluto en Padrón

cartel-galegos-semana-santa-226x300

Máis de 50 participantes ourensás participaron nas distintas categorías dende o sábado día 8 e ata o venres día 14 de Abril, na coruñesa localidade de Padrón  nunha competición que reuniu a máis de 250 xadrecistas de todos os Clubs de Galicia.

Pola parte ourensá a participación do Xadrez ourense con 25 participantes e do Xadrez Benchosey con 17 foi a máis numerosa confirmándose o bo traballo na base que veñen facendo estes dous clubs punteiros en Ourense.

Polo lado dos resultados a co

mpetencia foi dura e houbo sortes dispares…

Absoluto

sub 16

sub 12

sub 08

Notas de prensa

A voz

En categoría absoluto, Martín Gómez Carreño (aínda sub 14) resultou ser o mellor ourensá acadando o 5º posto na clasificación, liderada pola sorprendente  Inés Prado Acebo (X. Padrón), e despois de gañar na última rolada ao MI Rafael Rodríguez.  Os irmans David e Adrian Gómez acadarían o 8º e 12 posto respectivamente, entre tanto que o Liceísta Marcos Lorenzo facíase co trofeo de veterans acadando o 10º posto na xeral.

En categoría sub 16,  o mellor ourensán clasificado foi César Pérez (Universidade), que rematando nun meritorio no 5º posto..

sub 16

Na categoría Sub-12, Xacobe Conde (Xadrez Ourense) rematou no 5º posto. En féminas, Laura Gómez Carreño (Xadrez Ourense) viuse fora do pódio feminino a pesar de ter empatado a 5.5 puntos coa 1ª clasificada, .

sub 12

Na categoría Sub-8,  Marcos García Agromayor (Xadrez Ourense), rematou con 5 puntos, empatado no 7º posto, en tanto que  Gabriel Alcalde (Xadrez Benchoshey) e Sabela Conde (Xadrez Ourense), que remataron con 4 puntos.

sub 08

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *