Ourense en Xaque 2017

cartel-ourenseenjaque

Éxito participativo o domingo  4 de xuño  en Expourense. O tradicional torneo xuvenil organizado por C. Xadrez Ourense acadou unha particpación de preto 300 xadrecistas xuvenís, sendo a máis participativa das 7 que leva o Circuito Galego de Promoción 2017. Volverá a Ourense a finais de outubro cunha nova edición dunha proba en Expo ourense a finais de outubro.

image017

bases-torneo-ourense-en-xaque-2017

clasificacions-ourense-en-xaque-2017

galeria-de-fotos-ourense-en-xaque-2017

faro-4-de-junio-2017

En categoría Sub-20 o vencedor foi Gabriel Roma Barge (Xadrez Ourense), que completou unha impecable actuación, con 7 puntos en 7 partidas. En Sub-14 o vencedor resultou Mateo Díaz Gómez (Xadrez Ourense), nunha categoría na que os ourensáns conquistaron ata 4 dos 5 postos de honra. En alevíns, (Sub-12), o campeón foi Luca Rey Chimera (Fontecarmoa de Vilagarcía), mentres que en Sub-10 o triunfo viaxou ata terras olívicas, de mans de Xavier Caudet Soto (Xadrez Galego). Na categoría dos máis xóvenes, (sub-8), os prometedores prebenxamíns ourensáns tamén tiveron un especial protagonismo copando ata 3 dos 5 postos de privilexio, sin embargo o primeiro lugar viaxou ata Noia, a cargo de Iago Fernández Ramos, (Club Brétema).

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *