//iso-8859-15 Ourenxadrez. Información sobre xadrez na provincia de Ourense

Campionatos Provinciais por categorías 2016

19/01/2016

Os días 16 e 17 de Xaneiro celebráronse os campionatos provinciais (pre-autonómicos) por categorías, que tiveron lugar, por unha parte, en Ourense (Local da A.V.V. de Barrocás) e xa en xornada Dominical, no Barco de Valdeorras, organizados polos Clubs Xadrez Ourense e ADAS de O Barco, respectivamente, e que contaron cunha elevada participación global. (máis de 130 xadrecistas participantes)
O sábado día 16 de Xaneiro disputáronse en Ourense as categorías Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8, nas que se proclamaron novos campións provinciais e respectivamente, Gabriel Roma, César Pérez, Xoaquín López e Pura Diéguez, mentres que o Domingo día 17 de Xaneiro tiveron lugar no Barco de Valdeorras as categorías Sub-18 e Sub-14, nas que Adrián Gómez e César Pérez foron os vencedores e novos campións provinciais.
Ambos eventos son clasificatorios para os respectivos campionatos autonómicos de cada unha das categorías descritas (de sub-8 a sub-18), que terán lugar en Viveiro e Padrón os vindeiros meses de Febreiro e Marzo, e cunha ampla embaixada ourensana participante en ambas sedes.



Campionato Provincial Absoluto 2016

19/01/2016

image

Rematou o domingo 17 de xaneiro o Provincial Absoluto de xadrez coa victoria do local Carlos Carrero Casas, membro do equipo Ateneo de Ourense, sobre un total de 32 xogadores. Venceu na última rolda ao seu compañeiro de equipo Manuel García con pezas brancas. Levando a iniciativa dende o inicio da partida non deu opcións nun final aparentemente igualado de cabalo contra cabalo, máis a posición activa do seu rei e cabalo permitiron impoñerse con facilidade.
O primerio do ránking, Alejandro De León partía na última rolda como primeiro clasificado, mais o sorteo do desempate obrigábao a gañar a Brais Gerpe que só necesitaba un empate para superalo na clasificación. Ao final, Brais conseguiu un xogo moi activo de pezas que lle deron a victoria con pezas negras. O veterán xogador do Liceo, Joaquín Bello, fixo valer a súa experiencia e a sua garra fronte a Alberte Feijoo, da casa da Xuventude, para non conformarse coas táboas e ir a pola victoria con un peón de menos, logrando así subir ao podio como terceiro clasificado.
O trofeo de veteráns foi a parar ás mans de José Carlos Francisco, de Peóns de Monterrei.



XXI Aninovo Barrocás

07/01/2016

image

A XXXI edición do Open “Aninovo Barrocás” deparounos un emocionante final, no que á falta dunha rolda ata 8 xadrecistas conservaban opcións de triunfo, finalmente o xogador do Liceo de Ourense David Baltar foi o vencedor con 5.5 puntos, os mesmos que Adrián Gómez, Carlos Martínez e Bais Gerpe.
Por categorías a clasificación final Sénior foi encabezada por David Baltar, 2º foi David Gómez, 3º Marcos Lorenzo, 4º posto para Joaquín Bello e 5º para Alejandro De León.
O premio Sub-2000 viaxou ata terras Catalanas e o xoven xadrecista, todavía Cadete, Carlos Martínez López, (Club Peona i Peó), foi o gañador.
Na categoría Xuvenil impúxose Adrián Gómez, seguido dos seus compañeiros de club, Gabriel Roma e Miguel Ferreiro.
En Categoría Cadete Brais Gerpe (Casa da Xuventude), comandou a clasificación, seguido de Miguel Puga e Alfonso Juanes.
Dentro da categoría Infantil, segmento de idade que dende hai uns anos xa compite dentro do torneo de adultos, o vencedor foi Martín Gómez (Xadrez Ourense), segundo César Pérez e bronce para Mateo Díaz.
Os crecentemente codiciados, edicición a edición, premios especiais de “Beleza” e “Galeón Pirata” foron para as vitrinas de David Gómez e Miguel Puga, respectivamente.
No cómputo global por Clubs o medalleiro final de premios (contabilizando todas as categorías disputadas), queda do seguinte xeito: Xadrez Ourense obtivo 12 podios (5 ouros), Casa da Xuventude 4 podios, (1 ouro), Liceo de Ourense 3 podios (1 ouro), Benchoshey 3 pódios, Peona i Peó 2 pódios (1 ouro).
O Galardón honorífico “Manuel Villar” foi nesta 6ª edición do seu memorial para Consuelo Nóvoa pola súa colaboración durante décadas coa A.V.V. de Barrocás e pola súa amizade e compañeirismo manifestado durante tantos anos coa figura Manuel Villar.
A entrega de premios e clausura estivo presidida polo concelleiro de deportes Mario Guede, arroupado por membros da directiva da A.V.V. Barrocás e diversos patrocinadores do evento.



II Maratón de Xadrez Por Parellas “+D La Región”

16/12/2015

image

O vindeiro sábado día 19 de Decembro terá lugar en Expourense a II edición da Maratón de xadrez por parellas organizada polo diario “La Región” de Ourense e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense, esta edición contará coa presenza de numerosos xóvenes de entre 8 e 18 anos. Xa na primeira edición disputada en 2014 reunironse 150 xóvenes xadrecistas. O plazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro Venres día 18 de Decembro, ademais dos premios ás 10 primeiras parellas clasificadas, todos os participantes recibirán agasallos conmemorativos e sorteáranse múltiples regalos entre todos aqueles que recorten o cupón diario (ou cupóns) do xornal “La Región”, cubran ditos cupóns cos seus datos xunto coa solución correcta ao enigma e os depositen na urna de sorteos o día do evento.



Memorial Peña 2015

17/12/2015

image

Celebrouse o 12 de decembro, no Ateneo.



Torneo de nadal Ben-Cho-Shey

16/12/2015

Tivo lugar o 12 de decembro, ás 16:30, no salón de actos do CEIP Ben-Cho-Shey, en Pereiro de Aguiar.



Excelente actuación do G.M. Iván Salgado no Campionato de Europa de Equipos.

22/11/2015

image

O torneo disputouse en Reykjavik. Rematou o domingo 22 de novembro, tras nove rondas. O xoven xogador ourensán completou unha excelente actuación, conseguindo subir o seu ELO. Tivo que enfrontarse a fortes xogadores coma o G.M. francés Etienne Bacrot, que chegou a estar no top 10 mundial, e co que firmou as táboas. Na última rolda derrotou ó M.I. Tom Kantans, gañador do circuito galego 2015.



O ourensán Martín Gómez Carreño, no mundial de xadrez.

06/11/2015

image

Despois de 11 roldas, Martín acadou 5,5 puntos, puntuando contra fortes xogadores. Rematou o torneo mellorando o seu ELO.



VIII Festival Internacional de Xadrez “Ourense 2015” “DEPORTE E CIENCIA PARA A XUVENTUDE”

25/11/2015

image

O Domingo día 1 de Novembro tivo lugar en Expourense a VIII edición do “Festival de xadrez para xóvenes 2015”, baixo o lema “Deporte e Ciencia para a Xuventude”. O festival acolleu a cerca de 3 centenares de xóvenes de Galicia, Castela León e Portugal, como ven sendo tradicional nas últimas edicións disputadas. Na categoría Sub-18 o venceodor foi Adrián Gómez Diéguez (Xadrez Ourense), en Sub-14 o triunfo viaxou ata Ferrol de mans de Alfonso López González (Grupo Bazán), na categoría Sub-12 hai que facer reseña da notable ausencia do mundialista Martín Gómez Carreño, pese a iso o ouro quedou en terras ourensanas, o xogador do Casa da –xuventude César Pérez Dapoza foi o 1º clasificado. En Sub-10 impúxose o Vilagarcían Luca Rey Chimera (Fontecarmoa) e na categoría dos máis xóvenes, Sub-8, Raúl Seoane Castilla (Círculo Ferrolán), foi o vencedor.
Os premios para os tres clubes máis galadornados foron para o Fontecarmoa de Vilagarcía que colleitou 6 galardóns, pola súa banda o Club Xadrez Ourense obtivo 4 medallistas e o Club Casa da Xuventude colleitou tres premios.



Torneo Activo Campus de Ourense

25/10/2015

image

O pasado sábado, 24 de outubro, celebrouse no edificio de Humanidades (edificio de ferro) na sala 1.4, o mítico torneo activo de xadez.
O ritmo de xogo era de 15 minutos máis tres segundos por xogado e o número de roldas seis.
Déronse cita cincuenta xadrecistas da provincia. Despois das seis roldas, o gañador do torneo foi Armando De Sousa, do Liceo, seguido do seu compañeiro de equipo Marcos Lorenzo. Terceiro foi Javier Varasa, do Universitario de Ourense, seguido do seu compañeiro de equipo Lino Hermida.
Na categoría universitario quedou campión David Feijoo, do Universitario de Ourense, seguido do seu compañeiro de equipo Antonio Fernández e terceiro, a sorpresa de Iago Gómez, da facultade de Informática.
Na categoría sub16 o primeiro foi Miguel Puga, segundo Raúl Martínez e terceiro Adrián Vázquez.
Na categoría sub14, primeiro Alfonso Juanes, segundo Yago Outeiriño e terceiro Marcos Reza.
Na categoría sub12, Mateo González, Yago Godoy, Miguel Reza.
Sub10 Miguel Cantón, Xoaquín lópez e Raúl Gallardo.
Sub-8 Manuel López, Brais Atanes e Yanira blanco.



Información sobre xadrez na provincia de Ourense

gnu logo

Liga 2016

Login

Páxina:  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12   ARQUIVO

Visitas:contador   Actualizado: 19/01/2016