ARTIGOS ANTIGOS
Provincial Absoluto e sub-18
Provincial Absoluto e sub-18. O local de xogo será o mesmo que o ano pasado, na Asociación de Veciños "El Olimpo", na plaza 500 de Ourense(mapa). As datas de celebración serán:
1ª Rolda: 20 de novembro ás 17:00
2ª Rolda: 21 de novembro ás 17:00
3ª Rolda: 27 de novembro ás 17:00
4ª Rolda: 28 de novembro ás 17:00
5ª Rolda: 11 de decembro ás 17:00
6ª Rolda: 12 de decembro ás 17:00
Emparellamentos próxima rolda.
Ver partidas (en proceso de carga).
Descargar as partidas.
Ver imaxes
Cartel.
Bases.
Historial de gañadores
As inscricións xa están abertas, ata o 18 de novembro, no seguinte enderezo electrónico: [email protected].
XXVI Aninovo Barrocás - I Manuel Villar In Memoriam
O torneo de xadrez decano de Galicia chegará a súa XXVI edición. Cita que constituirá un rotundo homenaxe á memoria de Manuel Villar por parte de toda familia do xadrez ourensán. O torneo por categorías terá lugar o 26 de Decembro mentres que o Aberto Internacional dará comenzo o día 27 de Decembro prolongándose ata o 5 de Xaneiro.
Información torneo categorías.
Información aberto internacional.
18 de decembro, torneo Velero "sen enroque"
O día 18 de decembro terá lugar este tradicional torneo, coa participación de importantes xogadores.
Cartel.
Máis información.
Copa Deputación de Xadrez Rápido en Celanova.
O Domingo día 4 de Decembro tivo lugar en Celanova a Copa Deputación por equipos 2010, evento que reuniu a 12 dos equipos máis destacados do panorama provincial e a 52 xadrecistas. Xadrez Ourense A, Liceo Academia Postal e Xadrez Ourense C foron os clubes que ocuparon o podio final na clasificación por equipos. Na clasificación individual Fernando Sánchez (Xadrez Ourense) en sénior, Martín Sabuz (Xadrez Ourense) en cadete, Martín Arellano (Xadrez Ourense) en Infantil, Adrián Gómez (Xadrez Ourense) en Alevín, Gabriel Roma (Xadrez Ourense) en Benxamín, Martín Gómez (Carmelitas Vedruna) en Promesas, foron os vencedores.
Clasificacións
Imaxes
Copa deputación de Xadrez Rápido en Celanova.
O día 4 de decembro celebrarase a Copa Deputación de Xadrez Rápido, ás 16:00. O ritmo de xogo será 15+3. Haberá trofeos para os xogadores mellor clasificados de cada unha das seguintes categorías: absoluto, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8. A clasificación por equipos farase sumando os tres xogadores mellor clasificados. Aínda que o mínimo de xogadores para inscribir un equipo é de catro, en caso de que un club só dispoña de tres xogadores poderá inscribirse igualmente. Non está permitido inscribir dous equipos se o clube dispón unicamente de seis xogadores, por exemplo. Os premios para os equipos consistirán nunha cesta de nadal. Outra cesta será sorteada entre os equipos participantes durante a entrega de trofeos
Inscricións: [email protected]
Torneo de rápidas Galisenior 2010, Expourense, 20 de Novembro
Tivo lugar en Expourense na matinal do Sábado día 20 de Novembro coa participación de 44 xóvenes xadrecistas. Marcos Fernández Criado (Xadrez Ourense), proclamouse campeón absoluto do torneo con 5,5 puntos sobre 6 posibles, Martín Freire e Carlos Jiménez (ambos de Xadrez Ourense), foron 1º e 2º en categoría Sub-16. Andrea Sabuz (Carmelitas Vedruna) impúxose en categoría Infantil por diante de Miguel Ferreiro (Xadrez Ourense), que rematou subcampeón Sub-14, en Sub-12 Alejandro Cervigni (Carmelitas Vedruna) e Carlos Martínez (Xadrez Ourense), foron campión e subcampeón, mentres que en sub-10 Martín Gómez (Carmelitas Vedruna) foi o vencedor por diante de Brais Martínez (Carmeitas Vedruna), que rematou subcampeón.
Ver clasificación
Ver imaxes
Torneo Provincial de Xadrez Activo
O 4 de decembro celebrarase no Pavillón de Deportes de Celanova o Torneo Provincial de Xadrez Activo (15+3). Premios para os primeiros clasificados por categorías, así como para os mellores equipos. En breve máis detalles.
Iván Salgado campión, xunto co G.M. cubano Lázaro Bruzón, en Barcelona
O Grande Mestre ourensán marchou líder durante boa parte do Torneo Maxistral celebrado no Casino da cidade de Barcelona, entre o 2 e o 14 de novembro. Finalmente conqueriu 7 puntos dos nove en liza, subiu máis de 20 puntos ELO, e completou unha actuación de 2814!. Unha vez máis, sensacional.
Máis información
Resultados e clasificacións
Iván Salgado Líder a falta de unha rolda no Maxistral de Barcelona
Está a disputarse, do 4 ao 12 de Novembro, no Casino da cidade condal o Maxistral cidade de Barcelona no que toman parte 10 Grandes Mestres de elite internacional. O G.M. Ourensán marcha líder con 6,5 puntos sobre 8 posibles, seguido de cerca do G.M. cubano Lázaro Bruzón. A xornada de mañá, que enfrontará ao ourensán co ruso E.Inarkiev será decisiva. Iván está realizando unha actuación de auténtico campión mundial cunha performance cercana aos 2900 ELO!.
Máis información
Resultados e clasificacións
Iván Salgado viaxa a Nanjing, China como auxiliar do G.M. Topalov
A apretada axenda do embaixador do xadrez provincial por todo o mundo segue a bo ritmo. Iván viaxou a China como auxiliar do G.M. Vasselin Topalov no importante evento de Grand Prix, onde se atopan 6 dos mellores xogadores do mundo. Esta experiencia resultará moi interesante para Iván de cara a súa progresión.
III Festival Internacional Deporte-ciencia para a Xuventude
O Domingo día 31 de Outubro tivo lugar en Expourense a 3ª edición deste masivo evento. Nesta ocasión o torneo albergou ademais a clausura do Circuito Galego Escolar 2010, sendo a 17ª proba puntuable.
280 participantes e o numeroso público chegado dende todos os puntos de Galicia e Portugal, deron calor, colorido e ateigaron as instalación de Expourense.
Brais Hidalgo Mera (A. Bóveda de Coruña) en sub-8, Gabriel Roma Barge (Xadrez Ourense) en sub-10, Alberto Portela Peleteiro (E.X.Pontevedra) en sub-12, Jorge Iglesias (Lucena de Vigo) en sub-14 e Yago Barral (Kárpov de Pontevedra) en sub-16, foron os vencedores de esta edición.
No circuito escolar, os xogadores ourensanos acadaron: dous primeiros postos, un segundo e dous terceiros.
O Campión galego individual Fernando Sánchez Aller realizou unha exhibición simultánea cos gañadores e logrou vencer o enfrontamento por 3 a 2.
Clasificación sub-8.
Podio da categoría sub-8.
Clasificación sub-10.
Podio da categoría sub-10.
Clasificación sub-12.
Podio da categoría sub-12.
Clasificación sub-14.
Podio da categoría sub-14.
Clasificación sub-16.
Podio da categoría sub-16.
Máis información do torneo na web do Club Xadrez Ourense
Máis información sobre o circuito escolar na web da Federación Galega.
III Festival Internacional Deporte-ciencia para a Xuventude
O Domingo, día 31 de outubro, terá lugar en Expourense a terceira edición deste evento. Nesta ocasión o torneo albergará a clausura do Circuito Galego Escolar 2010, sendo a 17ª proba puntuable. A organización xeral correrá a cargo de EXPOURENSE, a dirección do torneo corresponderá ao Club Xadrez Ourense, en estreita colaboración técnica co Club Xadrez Loureiro. Inscrición Aberta.
Maís información na web do Club Xadrez Ourense
Torneo Campus Universitario de Ourense(30 de outubro).
Comeza a tempada de torneos co tradicional torneo do Campus de Ourense, organizado polo club de xadrez da Universidade. A hora de comezo será ás 16:30, na Ludoteca do edificio de ferro da Universidade. Haberá os seguintes premios:
Trofeo aos 3 primeiros clasificados categoría senior.
Trofeo aos 3 primeiros universitarios.
Trofeo ao campión benxamín.
Trofeo ao campión alevín.
Trofeo ao campión infantil.
Trofeo ao campión cadete.
Para anotarse, enviar un correo a [email protected]
Excelente papel dos Ourensáns en Valladolid. 9/10/2010
Foron varios os xóvenes xadrecistas ourensáns desprazados a terras pucelanas para disputar a edición 2010 do popular torneo da Vendima. Martín Arellano proclamouse vencedor en categoría Infantil, mentres que Gabriel Roma conquistou a prata, compartindo o 1º posto, na categoría Benxamín. Pola súa parte David Gómez en sub-16, Adrián Gómez en sub-12 e Ángel Domínguez en sub-12, conquistaron os postos 6º,10º e 22º, respectivamente.
Clasificación Benjamín (sub-10)
Clasificación Alevín (sub-12)
Clasificación Infantil (sub-14)
Clasificación Cadete (sub-16)
Deixounos Manuel Villar, figura esencial para o xadrez ourensán nos últimos 25 anos.
Manuel Villar Fernández, organizador do torneo decano do xadrez provincial e autonómico, o Aberto Aninovo Barrocás, deixounos o 2 de outubro de 2010. A ampla familia do deporte-ciencia é consciente da enorme aportación de Villar a este deporte. Home que brindou unha inesgotable dose de esforzo persoal e desinteresado durante 25 anos, o cal se traduciu no bonito presente que vive o xadrez ourensán na actualidade. Numerosos xadrecistas importantes a nivel provincial e inlcluso figuras tan importantes como Iván Salgado, deron os primeiros pasos no torneo que Manuel Villar fundou e fixo medrar durante 25 anos. Persoa dunha grande talla humana, foi presidente dunha das Asociacións veciñais máis activas do panorama ourensán na actualidade e durante décadas, a Asociación de Veciños de Barrocás. Villar deixa unha contribución incalculable tanto no eido social como no deportivo, que sen dúbida constituirá un fermoso exemplo de loita e xenerosidade para vindeiras xeracións.
... Hai homes que loitan un día e son bos, hai outros que loitan un ano e son mellores, hai quen loitan moitos anos e son moi bos, pero hai os que loitan toda a vida: esos son os imprescindibles...
(Berthold Brecht)
Fonte:Páxina web do club Xadrez Ourense
Olimpiada de Xadrez en Khanty-Mansiysk. Do 19 de setembro ao 3 de outubro de 2010
Excelente actuación de España, quedando no posto 8º. O representante español no terceiro taboleiro foi o G.M. ourensán Iván Salgado, que gañou na última rolda ó forte xogador ruso, o G.M. Peter Svidler (2731). Foi o 7º mellor no terceiro taboleiro, obtendo 6.5 puntos de once posibles, e sen perder ningunha partida.
Na web oficial pódense ver os resultados e as partidas.
Campionato Mundial Sub-20. (Chotowa Zcarna - Polonia) 3 ao 17 do 8.
O G.M. Ourensán Iván Salgado tomou parte nesta importante competición mundial na que partía como nº 5 do ránking. Iván rematou no 17º lugar tras un titubeante comenzo que arranxou lixeiramente tras rematar con 4 de 5 nas últimas xornadas.
XII Memorial Carlos Alfredo - Celanova (Agosto 2010)
Unha nova edición do clásico aberto de semirrápidas organizado polo club de xadrez Celanova. O evento tivo lugar na Alameda da capital dos poetas o Sábado día 7 de Agosto coa participación de casi 70 xadrecistas. Un grande nivel presidiu esta edición 2010 do clásico torneo celanovense. Alexa Strikovic (A.Bóveda-Coruña), Fernando Sánchez (Xadrez Ourense) e Alejandro Hoffman (Chantada), foron os ocupantes do podio nesta edición. David Gómez (S16), Martín Arellano (S14), Adrián Gómez (S12) e Gabriel Roma (S10), todos eles do club Xadrez Ourense resultaron vencedores nas súas categorías.
Campionatos de España Individuais 2010 - Linares (Jaen)
Ao longo do mes de xullo tiveron lugar os Campionatos de España Individuais de xadrez das diferentes categorías. Gabriel Roma (Xadrez Ourense), en Sub-10, acadou o 7º lugar con 6,5 puntos, nesta categoría tamén participou o ourensán Miguel Puga (Casa da Xuventude). En Sub-12 Adrián Gómez (Xadrez Ourense) acadou 5,5 puntos. Martín Arellano (Xadrez Ourense) obtivo 5,5 puntos en Sub-14. David Gómez, Samuel Cruz e Sergio Blázquez (Xadrez Ourense) remataron con 4,5 en categoría cadete. Fernando Sánchez, do Club Xadrez Ourense, viaxará a Tenerife en setembro para tomar parte en categoría Absoluta.
II Aberto Internacional Carlos I (Sanxenxo)
A localidade pontevedresa de Sanxenxo acolleu dos días 19 a 27 de Xuño un open no que participaron ata 7 xadrecistas ourensáns. As mellores actuacións corresponderon a José Luis Fernández Saavedra (Xadrez Ourense), que con 5,5 puntos rematou nun excelente 16º lugar cunha actuación de 2253. Joaquín Bello (Liceo) e o xoven Sergio Blázquez (Xadrez Ourense), conseguiron 5 puntos e remataron empatados no 27º posto.
IV Copa Galicia (Maristas-Ourense) - SÁBADO 5 DE XUÑO
Aínda que mostramos unicamente os primeiros clasificados de cada categoría, o número de participantes chegou a 300, estando 38 deles no ranking ELO da Federación Internacional.
Sub-8
Sub-10
Sub-12
Sub-14
Sub-18
Imaxes parte I
Imaxes parte II
Imaxes parte III
Resultados Maio Xove 2010
Armando de Sousa resultou vencedor nesta edición do Maio Xove, celebrada na casa da Xuventude. Armando obtuvo 5,5 puntos, quedando así por diante de Juan Carlos Negreira e Manuel Vidal, que terminaron ambos con 5 puntos.
ClasificaciónsIV Copa Galicia (Maristas-Ourense) - SÁBADO 5 DE XUÑO
O vindeiro sábado, 5 de xuño terá lugar no pavillón polideportivo do Colexio Maristas de Ourense a cuarta edición da Copa Maristas Galicia de xadrez escolar. O evento forma parte do Circuito Galego e acollerá a 300 xóvenes xadrezcistas de toda Galicia.
Máis información na web oficial do club Xadrez OurenseResultados Maio Xove 2010
Armando de Sousa resultou vencedor nesta edición do Maio Xove, celebrada na casa da Xuventude. Armando obtuvo 5,5 puntos, quedando así por diante de Juan Carlos Negreira e Manuel Vidal, que terminaron ambos con 5 puntos.
Ver podiumsMaio Xove 2010
O domingo 30, no salón de actos da Casa da Xuventude a partir das 16:00. Premios para as categorías sub10, sub12 e sub14, así coma os primeiros 15 da clasificación absoluta.
Para anotarse:
XXII edición do Peón de Ouro - Mondariz (Pontevedra)
Varios xadrecistas ourensáns desprazáronse a terras pontevedresas para tomar parte na edición 2010 do Peón de Ouro, un evento que reuniu a 207 xóvenes xadrecistas e que foi a 3ª proba puntuable do circuito galego escolar 2010.
MAIS INFORMACIÓN EN www.ajedrezmarcote.org
IV Copa Galicia (Maristas-Ourense) - Sábado 5 de Xuño-Circuito Galego 2010
O vindeiro 5 de Xuño terá lugar no pavillón polideportivo do Colexio Maristas de Ourense a cuarta edición da Copa Maristas Galicia de xadrez escolar. O evento acollerá a 300 xóvenes xadrecistas de toda Galicia na nosa cidade. Máis información sobre o torneo en www.xadrezourense.com
VIII Aberto de Sta. Rita en Vilagarcía. 15-5-10
17 xóvenes xadrecistas ourensáns desprazáronse a terras pontevedresas para disputar a presente edición do xa clásico Aberto de Sta. Rita. David Gómez foi ouro en sub16, Martín Arellano e David Vázquez ouro e bronce respectivamente en sub14, Adrián Gómez ouro en sub12, Gabriel Roma ouro en sub-10. Tamén hai que salientar a prata de Miguel Puga (Casa da Xuventude) en s10 e o bronce de Martín Gómez (Carmelitas Ourense) en sub8. Finalmente 4 ouros, 1 prata e 2 bronces para Ourense.
Remata a liga galega
Pódense ver os resultados dos equipos ourensanos en www.fegaxa.org
XV Olimpiada individual de Xadrez Escolar - Ourense 2010
O Domingo día 9 de Maio disputouse no Liceo de Ourense a XV edición da Olimpiada escolar individual nas súas categorías sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8 que reuniu a un total de 105 xóvenes xadrecistas ourensáns. Martín Arellano (Xadrez Ourense), proclamouse campión infantil, Ángel Domínguez (Casa da Xuventude) impúxose en Alevíns, Gabriel Roma (Xadrez Ourense) foi o vencedor en Benxamíns e Martín Gómez (Club Xadrez Carmelitas) foi o campión Sub-8.
Destacada actuación dos xadrecistas ourensáns no Torneo da Guarda
O Sábado día 8 de Maio tivo lugar a décima edición do Torneo Concello da Guarda na que participaron varios xadrecistas ourensáns entre os 123 participantes totais. Hai que salientar o triunfo en categoría Sub-16 de David Gómez (Xadrez Ourense), así como a victoria de Martín Arellano (Xadrez Ourense) en Sub-14. Dentro da categoría sub-10 destacou o subcampionato de David Rodríguez (Xadrez Loureiro) e o terceiro posto de Gabriel Roma (Xadrez Ourense).
O Xoves día 29 tivo lugar a fase final provincial escolar por equipos 2010
O Xoves 29-4 disputouse na Residencia de Estudantes Florentino López Cuevillas a fase final provincial escolar por equipos. Xadrez Ourense Infantil representará a Ourense no vindeiro Cto. de Galicia, mentres que Maristas Alevín e Xadrez Loureiro Alevín Femino venceron nas súas respectivas categorías. Casa da Xuventude foi o vencedor na categoría Benxamín.
Entrevista ao G.M. Iván Salgado en ESRADIO . Click aquí
Disputada a 1ª fase da competición escolar por equipos Alevín e Benxamín
O Domingo día 25 de Abril tivo lugar no Liceo de Ourense a 1ª fase da competición deportiva en idade escolar por equipos. Casa da Xuventde e Carmelitas clasifícanse para a fase final provincial en categoría Benxamín, mentres que Maristas Alevín Alfa, Xadrez Ourense Alevín, Carmelitas Alevín e Xadrez Loureiro Feminino pasan tamén á fase final en categoría Alevín. A final provincial terá lugar o vindeiro Xoves día 29 de Abril a partires das 17:30 horas nos locais da Xunta situados na céntrica praza das Mercedes.
Campeonatos gallegos individuales
Gabriel Roma se proclama vencedor sub-10 con 8 puntos en 8 partidas, por su parte el jugador de Casa.da Xuventude Miguel Puga finalizó subcampeón Gallego con 7 de 8, Mientras que Xiana García (Xadrez Loureiro) consigió tambien la plata en la categoría femenina.
En Sub-12 Adrián Gómez consigue el Bronce mientras que Jacobo Freire finaliza en un excelente 4º lugar, Andrea Sabuz (Carmelitas Ourense) se proclama campeona gallega.
En Sub-16 David Gómez repite entorchado autonómico mientras que Martín Arellano consigue el 4º lugar, Sergio y Samuel finalizan tambien en los 10 primeros.
En categoría Senior Fernando Sánchez puso la guinda a un año histórico consiguiendo el primer título gallego en categoría absoluta para un club de Ourense. No hay que olvidarse del título en veteranos del Liceista Joaquín Bello.
GALERÍA DE IMÁGENES CON SHÍROV
GALERÍA DE IMÁGENES DEL TORNEO
Gran participación ourensana en el Cto. de Galicia Individual, Padrón-10
El Sábado 27 de Marzo dará comienzo el Cto. de Galicia individual en categorías Sénior, Sub-16, Sub-12, Sub-10 y Sub-8. Más de 50 participantes ourensanos tomarán parte en esta importante prueba.
Campeonato de Europa Indvidual Absoluto (Rijeka 2010)
O G.M. Ourensán Iván Salgado López marca un fito histórico ao clasificarse para a fase final do Campionato mundial abosluto tras rematar 9º no campionato de Europa sénior disputado en Rijeka (Croacia) e finalizado o Mércores día 17.. Iván rematou empatado no 4º posto tras derrotar na última rolda ao polaco Bartlomej Macieja (2625). Iván sube 13.7 puntos ELO tras realizar unha performance de 2685. Reseñas en diarios de tirada estatal como El Pais e Marca, así como amplas reportaxes en La Voz de Galicia e Faro de Vigo Poden lerse nos rotativos do día 18-3, acerca do mellor deportista ourensán da actualidade.
Http://www.eurorijeka2010.com/home
http://chess-results.com/Tnr29567.aspx?lan1
Campeonatos Provinciais Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8
Casi un centenar de xóvenes xadrecistas acudiron o Domingo día 21 de Febreiro ós salóns da Asociación Veciñal “Olimpo”, en xornada de mañá e tarde, para disputar os Ctos. Provinciais Individuais clasificatorios para os respectivos autonómicos de categorías Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8. David Gómez Diéguez, Adrián Gómez Diéguez, Gabriel Roma Barge e Iago Lorenzo Casas foron os respectivos vencedores.
Torneo Maxistral Internacional “Aeroflot”, Moscova (9 ao 17 de Febreiro) O G.M. Ourensán Iván Salgado tomou parte nesta edición 2010 do popular torneo ruso, onde 80 Grandes Mestres se deron cita. Iván partía como nº 55 do ránking e remataba nun máis que meritorio 22º posto, o que o catapulta ata os 2595 puntos de ránking Internacional. Noraboa!
Campeonato Galego Sub-18 e Sub-18. Pontedeume (do 13 ó16 do 2 – 2010) Ata 13 xóvenes xadrecistas ourensáns desprazáronse a terras do Eume entre os días 13 e 16 de Febreiro para tomar parte nos Ctos. Galegos individuais S-18 e S-14. Xabier Gómez da Peña Recreativa acadou a prata en Sub-18, mentres que Martín Arellano (Xadrez Ourense) tamén finalizou subcampión en Sub-14. VER CLASIFICACIÓN SUB14
Campeonato Zonal Sub-14 e Sub-18
O pasado 17 de Xaneiro disputouse na casa da Xuventude de Ourense o Cto. Provincial para as categorías Sub-14 e Sub-18. En Infantil David Vázquez resultou vencedor, por diante de Adrián Gómez e de Martín Arellano, mentres que en sub-18 David Gómez, Paula Mateo e Carmen Gavilanes coparon o podio. Todos eles deportistas do Club Xadrez Ourense
XXV Aberto Internacional Aninovo Barrocás 2010
Oscar Salgado López foi o claro dominador da 25 edición do Aberto Internacional Aninovo Barrocás 2010. Un evento que celebrou as suas vodas de prata cunha fenomenal participación, ( 200 xadrecistas sumando o Torneo por categorías disputado o día 26-12 mailo Open Internacional ). No acto inaugural do día 27-12 o Concello de Ourense quixo recoñecer a traxectoria de Iván Salgado e fixo entrega dunha placa ao coñecido G.M. Ourensán que realizou o saque de honra. O torneo contou coa participación de 53 xadrecistas, 28 con elo FIDE e 40 con elo FEDA. Juan Carlos Negreira e Alejandro de León completaron o podio Senior. David Gómez, Samuel Cruz e Adrián Gómez fixeron o propio en Cadetes mentres que Martín Arellano, Sergio Blázquez e David Vázquez foron os mellores Xuveniles.
GALERÍA DE IMAXES (Todos os xogadores)
GALERÍA DE IMAXES (Clausura e entrega de premios)
GALERÍAS DE IMAXES 25 EDICIÓN – Torneo de Categorías (26-12)
GALERÍA DE IMAXES II “Durante”
GALERÍA DE IMAXES III “Vencedores”
GALERÍA DE IMAXES IV “Entrega de premios”
En breve máis imaxes da competición sénior
XXV Aninovo Barrocás, Torneo por categorías. Sábado 26-12
O Sábado 26 de Decembro déronse cita 140 xóvenes xadrecistas das 4 provincias galegas para disputar esta masiva 25ª edición. Jorge Segura (Fontecarmoa Vilagarcía), Ángel Domínguez (Casa da Xuventude), Adrián Gómez (Xadrez Ourense) e David Gómez (Xadrez Ourense) foron os vencedores das categorías, Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14 respectivamente.
Ver Galerías de Imaxes na noticia superior
XV Maratón de Xadrez por Parellas. Copa Deputación.
Tivo lugar no Liceo de Ourense o pasado Domingo día 20 de Decembro. coa participación de 18 parellas. Juan Carlos Negreira e Andrea Sabuz foron os integrantes da parella gañadora.
Rafael Sánchez o Campión Zonal Absoluto 2009
Nos locais da A.V.V. “Olimpo”, tivo lugar o Cto. Zonal Absoluto coa participación de 17 xadrecistas, moitos deles con ránking internacional. Asimesmo o torneo foi valedeiro para computo de ELOS fide e feda. O Torneo disputouse os días 5,6,7 e 8 de Decembro, coa victoria do xadrecista do Club Xadrez Loureiro, Rafael Sánchez de León Menéndez.
Campeonato de Xadrez para Xóvenes MEGAXOVE 2009
70 xóvenes xadrecitas tomaron parte na matinal do Martes día 8 de Decembro nesta clásica cita por categorías, David Gómez, Adrián Gómez, Miguel Puga e Gabriel Roma resultaron vencedores de cada unha das catro categorías.
IVÁN SALGADO SUBCAMPIÓN DO MUNDO
O xoven G.M. Ourensán Iván Salgado López, proclamouse subcampeón mundial Sub-18 no Cto. Disputado en Antalya (Turquía) entre os días 11 e 23 de Novembro. Iván non puido doblegar a férrea resistencia do balcánico Sasha Martínovic na última rolda, mentres que o Ruso Maxim Matlakov conseguía vencer ao representante de Emiratos Árabes e conquistar 9 puntos, medio máis que Iván. O xadrecista ourensán da un novo paso cara adiante na súa traxectoria deportiva e completa unha fenomenal actuación sin derrotas e cunha importante fluctuación positiva de ELO
VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS (www.feda.org / web oficial)
COPA DEPUTACION DE XADREZ RÁPIDO – Ateneo de Ourense 7-11-09
Sesenta participantes déronse cita no Ateneo Ourensán para disputar a XV Copa Deputación de Xadrez Rápido (10+3). Juan Carlos Negreira (Liceo Academia Postal), en cat. Senior, David Gómez (Club Deportivo Xadrez Ourense) en Cadetes, Adrián Gómez (Club Deportivo Xadrez Ourense) en cat. Infantil e Miguel Puga (Casa da Xuventude) en categoría Alevín, foron os vencedores desta concurrida edición.
CAMPEONATO DE EUROPA DE SELECCIÓNS NACIONAIS
España ocupou 5º lugar empatada con Alemania. Tras unha épica última rolda na que a punto estivemos de vencer a Rusia, coa que final se empatou 2-2, unha Rusia que finalmente rematou Subcampeona tras Azerbaiján, os gañadores. Nesta derradeira rolda resultou decisiva a aportación do G.M. Ourensán Iván Salgado López que venceu ao cuarto taboleiro Ruso Alexeev (2725).
Ver máis en www.chess-results.com
COPA DEPUTACIÓN DE XADREZ RELÁMPAGO – Ateneo de Ourense 25-10
Unha cuarentena de xadrecistas disputaron o pasado Domingo día 25 de Outubro a edición 2009 da Copa Deputación de partidas de 5 minutos. O G.M. Afincado en Ourense Alejandro Hoffman foi o vencedor, seguido de Xabier Gómez e de Martín Boado. En Categoría Cadete impúxose David Gómez, en Infantiles Miguel Puga e en Alevíns Angel Domínguez
AROUSA XADREZ FESTIVAL (Auditorio de Vilagarcía, 24-10-09)
O 24 de Outubro tivo lugar en Vilagarcía un importante seminario arbitral ao cal acudiron David González e J.José Arellano por Ourense. Paralelamente disputouse a 12ª e última probla puntuable do Circuito Galego Escolar 2009 á que acudiron numerosos xóvenes xadrecistas ourensáns. Hai que facer mención ó Ouro de Martín Arellano en Sub-14, ás pratas de Gabriel Roma (S-10), Adrián Gómez (S-12) e Samuel Cruz (S-16), ao Bronce de David Gómez en Sub-14 e ao 4º posto de Miguel Puga en S-10. Tamén se entregaron os premios xerais do Circuito Escolar 2009, Onde Martín Arellano foi o vencedor en S-14, Adrián Gómez subcampión en S-12, David Gómez Subcampión en S-14, e Gabriel Roma e Sergio Blázquez foron bronces en S-10 e S-14 respectivamente. Asimesmo entregáronse por parte da fegaxa sendas mencións de honra a Expourense e ao Colexio Maristas pola organización da 1ª e 3ª probas puntuables do Circuito, que ademáis foron as dúas máis participativas do Circuito 2009 con 392 e 280 participantes respectivamente.
EN BREVE MÁIS IMAXES DA CLAUSURA XERAL 2009
ABERTO DE RÁPIDAS CAMPUS DE OURENSE – 2009
O Sábado 17 de Outubro tivo lugar no Campus Universitario de Ourense este clásico aberto de partidas rápidas (15.min). Na categoría absoluta impúxose Martín Rodríguez (Liceo), En universitarios resultou vencedor Álvaro Suárez (Universitario), en Xuveniles Breixo Gómez (C. Da Xuventude), en Cadetes David Gómez (Xadrez Ourense) e en Infantiles David Vázquez (Xadrez Ourense)
XIX ABERTO DE XADREZ ACTIVO – GALLECIA 2009
Máis de 40 participantes reuníronse no polideportivo da Casa da Xuventude o Sábado día 10-10 para disputar este clásico torneo de xadrez rápido. O M.F. vigués Daniel Táboas foi o vencedor desta edición, seguido do Santiagués Fernando Sánchez e do Ourensán Breixo Gómez. O Título Xuvenil foi para Breixo Gómez, o Cadete para Samuel Cruz, o Infantil para Sergio Blázquez
VIII TORNEO DE XADREZ ESCOLAR DE POIO (PONTEVEDRA)
O pasado Sábado día 3 de Outubro, varios xóvenes xadrecistas ourensáns desprazáronse a Poio (Pontevedra) para disputar esta 10ª proba puntuable do Circuito Galego 2009. Martín Arellano (Xadrez Ourense) en Infantiles e Adrián Gómez (Xadrez Ourense) en Alevíns acadaron os triunfos nas súas categorías. Tamén hai que destacar a prata de Miguel Puga (Casa da Xuventude) en Sub-10, así como os bronces en Sub-16 de Samuel Cruz, de David Gómez en Sub-14 e de Gabriel Roma en Sub-10.
VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS (word)
GALICIA CHESS FESTIVAL INTERNACIONAL - 2009
Os días 25,26 e 27 de Setembro tivo lugar en Ourense a 1ª edición deste importante evento pertencente ao programa de actividades do Xacabeo Galicia 2010. Perto de 300 participantes entre o torneo de Rápidas “I Memorial Fernando Marcote” e o Torneo de Blitz “Xacobeo 2010” reuníronse no Pazo Paco Paz de Ourense ao longo de 3 xornadas nas que tomaron parte 16 Grandes Mestres (entre eles o ourensán Iván Salgado) e máis de 30 titulados internacionais. O G.M. Peruano Julio Granda impúxose no aberto de semirrápidas e o G.M. Vugar Gashimov no open de Blitz. Cabe salientar que foron numerosos os premios acadados polos xadrecistas ourensáns (ver clasificacións)
VER CLASIFICACION RAPIDAS
VER CLASIFICACIÓN BLITZ
EN BREVE MÁIS IMAXES E VIDEOCLIPS
III Aberto de Xadrez Concello de Valga – 26-09-2009
A terceira edición deste aberto tivo lugar no concello pontevedrés o 26 de Setembro. O Torneo foi valedeiro para o circuito galego escolar e nel tomaron parte varios xóvenes ourensáns, resultando o máis salientable o bronce de Gabriel Roma en categoría Sub-10
Copa Deputación por Equipos – Liceo de Ourense 20-9-09
Sete equipos tomaron parte na presente edición da Copa Deputción por equipos. O Liceo de Ourense foi o conxunto vencedor, seguido polo Xadrez Ourense Xuvenil e polo Xadrez Ourense Junior. Completaron o cuadro clasificatorio o Xadrez Celanova, Xadrez Universitario, Xadrez Ourense Promesas e Xadrez Loureiro
III Aberto de Xadrez Concello de Vilanova - Circuito Escolar 09
Foron varios os xóvenes ourensáns desplazados a Vilanova de Arousa para tomar parte nesta oitava proba do Circuito Galego Escolar 09. Sergio Blázquez (Xadrez Ourense) conquistou a victoria na difícil categoría sub-14, mentres que Adrián Gómez (Xadrez Ourense) acadou a prata en categoría sub-12.
Aberto Internacional "Alonso Leira" - Ferrol (Sub-20)
Disputado entre o 25 e o 30 de Agosto coa participación de 3 xóvenes xadrecistas ourensáns. Todos eles acadaron cuantiosos premios. Cabe salientar a actuación de Samuel Cruz (Xadrez Ourense) que rematou compartindo o segundo lugar. Xabier Gómez (6º) e Sergio Blázquez (15º) completaron a actuación ourensana entre máis de 40 xadrecistas
Aberto Internacional Concello de Mondariz-Balenario Sub-2250
Ata 9 xadrecistas ourensáns desplazáronse a Mondariz entre o 24 e o 31 de Agosto para disputar a presente edición deste xa clásico evento por faixas de elo. Cabe salientar os premios acadados por Armando de Sousa (Liceo) e por David Gómez (Xadrez Ourense)
Xadrez Vivente "Festa da Istoria" Ribadavia 2009
O pasado 29 de Agosto e dentro do programa de actividades da Festa da Istoria de Ribadavia tivo lugar a xa clásica representación de Xadrez vivente nun concurrido auditorio. Actividade que por oitavo ano consecutivo organiza o Club Xadrez Ourense
Open Internacional Cidade de Ferrol 09 - Circuito Galego 09
Disputado en terras Ferrolás entre o 16 eo 23 de Agosto, contou coa participación de 3 xóvenes ourensáns, destacando as actuacións de David Gómez (+ 32 fide) e de Martín Arellano (+ 65 fide)
Aberto de Xadrez Concello de Chantada 09 - Sub14 & Sub10
Doblete Ourensán en terras lucenses no torneo disputado os días 18 e 19 de Agosto, en categoría Sub-14 Miguel Ferreiro Díaz (Xadrez Ourense) fíxose coa victoria mentres que en Sub-10 foi Miguel Puga Sánchez (Casa da Xuventude) quen se fixo xo título final
Aberto Internacional Albariño 2009 - Cambados - Circuito Galego
Ata 6 xadrecistas ourensáns tomaron parte na 2ª proba puntuable do Circuito Galego 2009. O mellor clasificado entre os ourensáns foi Antonio Villar Nieves, que rematou nun destacado 9º lugar
IX Aberto Xadrez Activo de Celanova - "Memorial Carlos Alfredo"
Máis de 60 xadrecistas desprazáronse a terras celanovesas para tomar parte na presente edición deste clásico Aberto de Verán. Como novidades a súa vistosa celebración ao ar libre na Alameda, así como a división dos participantes entre Absolutos e Sub-14. Na cat. Senior resultou vencedor Xavier Gómez mentres que en cat. Infantil impúxose o vigués Manuel Lorenzo
I Torneo Escolar Concello de Rianxo - Circuito Galego Escolar 09
O 1 de Agosto tivo lugar esta primeira edición do Torneor para xóvenes de Rianxo. Entre a escuadra ourensá desprazada hai que destacar os papeis xogados por Sergio Blázquez (Ouro Sub-14), David Gómez (Bronce Sub-14), Gabriel Roma (Bronce Sub-10) e Miguel Puga (4º Sub-10)
III Torneo de Xadrez Activo - Algalia 09 - Santiago 1-8-09
O 1 de Agosto disputouse a 3ª edición deste xa clásico torneo de semirrápidas. Ata 6 xadrecistas ourensáns tomaron parte nesta cita, destacando o 11º posto de Breixo Gómez e o 12º de Armando de Sousa
Campionatos de España Por Idades ( Granada 2009 )
Dende o 23 de Xuño ata finais de Xullo disputaronse en Granada os Ctos. de España por Categorías. Cabe remarcar as meritorias actuacións de Gabriel Roma (S-10), de Jacobo Freire, J.Ignacio Cabanelas e Javier Rodríguez (S-12) e de David Gómez, Martín Arellano e Sergio Blázquez (S-14), acadando todos eles bloques elo ou fluctuacións positivas. En Categoría Sub-18, Iván Salgado non puido revalidar o título nacional rematando finalmente no 3º posto, mentres que Xavier Gómez rematou nun máis que convincente 16º lugar
WEB OFICIAL
XVIII Aberto Internacional "CIDADE DAS BURGAS 2009"
O Mércores día 15 de Xullo rematou a presente edición do Aberto Internacional Ciadade das Burgas 2009 que reuniu nesta edición a perto dun centenar de xadrecistas e rematou coa victoria do G.M. Búlgaro V. Petkov. Hai que facer mención ás boas actuacións dos xadrecistas ourensáns David Baltar, Diego Vidal, Armando de Sousa, Daniel López e Breixo Gómez. A presente edición desta xa clásico evento congregou ata 12 titulados internacionais e a 62 xogadores con ránking internacional nuha proba que chega con esta decimoitava edición á súa maioría de idade
VER AMPLA REPORTAXE (xentileza www. tabladeflandes.com )
Triplete Ourensán en Ribadumia - 6ª proba C. Galego Escolar 09
O Sábado 4 de Xullo tivo lugar en Ribadumia a sexta proba puntuable do Circuito Galego Escolar 09. Nesta ocasión Gabriel Roma (Sub-10), Adrián Gómez (Sub-12) e David Gómez (Sub-14) acadaron os respectivos ouros nas súas categorías. Tamén destacaron as pratas de Miguel Puga e Sergio Blázquez, o 4º posto de Martín Arellano e o 5º lugar de Samuel Cruz
VER INFORMACIÓN COMPLETA
Iván Salgado Campeón! no Internacional - Zafra 09 (rematado)
Cunha performance de 2777 e con 7,5 puntos sobre 9, por diante de 15 G.M. (entre eles M.Adams e Cheparinov), Iván Salgado conquista a victoria na 3ª edición do Internacional de Zafra. Espectacular actuación do Ourensán e importantísimos premios acadados, ¡noraboa!. En breves horas partirá cara Turquía para disputar a Liga de Div. de honra, ¡sorte!
VER INFORMACIÓN COMPLETA
Open Internacional de Sanxenxo - Circuito Galego 09
Os xadrecistas Ourensáns Óscar Salgado, Samuel Cruz e Joaquín Bello disputaron en Sanxenxo entre os días 20 e 28 de Xuño o Open Internacional "Carlos I". Os ourensáns remataron nos postos 15º, 34º e 37º, respectivamente
VER INFORMACIÓN COMPLETA
Campeonato de España por Autonomías - Ceuta 2009 -
Os xóvenes S-14 ourensáns David Gómez Diéguez e Sergio Blázquez Criado disputaron coa Selección Galega o Cto. de España por Autonomías que do 22 ao 26 de Xuño se disputou en Ceuta.
VER INFORMACIÓN COMPLETA
VILAPOUCA DE AGUIAR - V Open do Granito 2009
Unha ampla representación ourensana tomou parte con éxito neste clásico de semirrápidas disputado en Portugal o 21 de Xuño. Diego Vidal e Armando de Sousa obtiveron o 2º e o 6º posto en Sénior, Breixo Gómez foi campión en S-20, Daniel Fernández bronce en S-14, Miguel Puga, Ángel Domínguez e Raul Martínez coparon o podio S-10 e Beltrán Sousa acadou o Ouro S-8. ¡Noraboa a todos eles!
Aberto Escolar Mugardos 2009 - 5ª proba C. Galego Escolar 09
Varios xóvenes ourensáns desplazáronse a terras coruñesas o 20 de Xuño para disputar esta cita puntuable para o Circuito Galego Escolar 09. Gabriel Roma (Bronce Sub-10) e Martín Arellano (Bronce Sub-14) foron os máis destacados dentro da expedición ourensana.
VER INFORMACIÓN COMPLETA
Aberto Escolar Monforte 2009 - 4ª proba C. Galego Escolar 09
Máis de 100 participantes déronse cita en Monforte (Lugo) o Sábado día 13 de Xuño, nunha cita onde o xadrez ourensán voltou a ocupar a vangarda en varias categorías. Os ouros de Martín Arellano (S-14) e Beltrán Sousa (S-8), a prata de Dávid Gómez( S-14) e os bronces de Sergio Blázquez (S-14) e de Adrián Gómez (S-12), o máis salientable dentro do amplo botín de premios que se viñeron cara Ourense
VER GALERÍA DE IMAXES DO TORNEO
III Copa Galicia de Xadrez Escolar - Maristas Ourense 2009
270 participantes déronse cita o día 6 de Xuño no Colexio Maristas de Ourense para disputar a III Edición da Copa Galicia de Xadrez Escolar. Jorge Segura (Vilagarcía), Alberto Portela (E.X.Pontevedra), Julio Suárez (Vilagarcía), Andrés Varela (Vilagarcía) e Samuel Villar (Univ. de Vigo) foron os gañadores das 5 categorías. As Pratas de Martín Arellano e Adrián Gómez e os bronces de Beltrán Sousa, Gabriel Roma e Samuel Cruz, principal colleita para os ourensáns.
Doblete Ourensán nos Ctos de Galicia por equipos 2009 - Infantil
O Club Xadrez Celanova en Infantil Feminino mailo Club Xadrez Ourense en Infantil Mixto conquistaron o Cto. Galego por equipos (Cat. Infantil) disputado no Liceo de Ourense os días 30 e 31 de Maio. Nesta clásica cita anual participaron os equipos representantes das catro provincias galegas.
XXI Peón de Ouro Individual 2009 - Mondariz-Balneario
Excelente papel dos represantantes ourensáns nesta edición 09, que remataron 312 participantes de toda a península. David Gómez acadou Ouro en Sub-14, Gabriel Roma e Daniel López sendas pratas en Sub-10 e Sub-20 respectivamente e un 5º lugar para Martín Arellano en Sub-14, resultados máis destacables entre os 14 ourensáns desprazados.
Vodas de prata do clásico de semirrápidas " Maio Xove "
O día das Letras Galegas tivo lugar o clásico "Maio Xove - 09". Todos os participantes tiveron como obsequio un libro de xadrez. Alejandro Arias, Joaquín Bello e José Antonio Álvarez completaron o podio.
Aberto de Santa Rita - Vilagarcía de Arousa ( 16 de Maio )
Nova cita do Circuito Galego Escolar 09. O Ouro de Martín Arellano (S14) Bronces para Miguel Puga (S10) e David Gómez (S14), mailo 5º posto de Sergio García (S12), o principal botín dos ourensáns.
II Festival Internacional de Xadrez para xóvenes, Expourense - 09
O Domingo 10 de Maio tivo lugar no recinto feiral de Expourense a 2ª edición deste masivo evento xadrecístico. 388 participantes de ata 3 países, reuníronse en Ourense nesta primeira cita puntuable do Circuito Galego Escolar 2009. O evento incluiu unha exhibición cronometrada do G.M. Iván Salgado que se enfrentou simultánemente ós 4 vencedores. Luis Rodrigues (Portugal) en Sub-8, Alberto Portela (Pontevedra) en Sub-10, Lucas Abal (Vilagarcía) en Sub-12, David Gómez (Ourense) en Sub-14 e Miguel Gallego (Pontevedra) en Sub18&Sub-16 foron os campeóns dun evento que por número de participantes (catro centenares), e pola calidade e cantidade dos premios (máis de 6500 euros en premios) se sitúa na vanguarda do panorama peninsular.
GALERÍA DE IMAXES PARTICIPANTES PREMIADOS
GALERÍA DE IMAXES IV - (Xeral Torneo)
GALERÍA EXHIBICIÓN G.M. Iván Salgado
PROXIMAMENTE Videoclips do Torneo
Videoclip I - TVG
Videoclip II - TVG
Videoclip III - TVG
Reportaxes: www.tabladeflandes.com www.ajedrezenmadrid.com
www.fegaxa.org www.xadrezamigos.blogspot.com
O Xoves 7 de Maio, tiveron lugar as finais escolares por equipos 09
Celebráronse no Liceo de Ourense coa organización do Club xadrez Casa da Xuventude. Déronse cita 13 equipos de toda a provincia. O Club Xadrez Ourense en Infantil Mixto, O Club Xadrez Celanova en Infantil Feminino, Colexio Maristas en Alevín Mixto e Club Xadrez Loureiro en categoría Alevín Feminino foron as escuadras vencedoras.
VER CLASIFIACIÓNS COMPLETAS (remitidas a esta web o 11-5)
REMATOU A LIGA GALEGA 2009 EN TODAS AS CATEGORÍAS
Despois de 4 meses de intensa competición finalizou a liga Galega-09 en todas as súas divisións. Xadrez Ourense Senior (a div. de honra), Xadrez Ourense Junior e Xadrez Ourense Xuvenil (a 1ª división) e Xadrez Ourense Promesas e Franouren Loureiro "B" (a 2ª división), son os equipos ascendidos. Como contrapartida Liceo A.Postal, Xadrez Celanova e Liceo "B" perden a categoría, Div. de Honra, Primeira e Segunda, respectivamente.
CLASIFICACIÓNS COMPLETAS (Equipos Ourensáns)
GALERÍA DE IMAXES EQUIPOS ASCENDIDOS
2ª Fase do Cto. Escolar por Centros en categoría Alevín-09
O Domingo 26 de Abri tivo lugar a 2ª fase da competición en categoría Alevín, na que participaron 8 centros, os dous conxuntos clasificados para a final do día 7 de maio serán Maristas Alevín e Xadrez Ourense Alevín. Na mesma data disputaranse as fanais Infantís e femininas.
CLASIFICACIÓN FASE INTERMEDIA ALEVÍN
1ª Fase do Campeonato Escolar por Centros - 2009
O Domingo 19 de Abril tivo lugar na Casa da Xuventude a primeira fase do Cto. Escolar por Centros 2009 coa participación de un centenar de xóvenes e 22 equipos representantes dos diferentes Centros de Ourense. En Categoría Benxamín Maristas rematou campeón seguido de Carmelitas e A Anexa. En Alevíns o vindeiro 26-4-09 terá lugar a 2ª fase (ver clasificados), mentres que en Infantiles Xadrez Ourense "A" e Maristas Infantil disputarán a fase final do día 7-5-09
Excelente actuación de Oscar Salgado no Aberto de Mondariz 09
O Xadrecista do Club Xadrez Ourense, Oscar Salgado López (2214), tomou parte no Aberto Sub-2250 celebrado en Mondariz durante a pasada S.Santa. Oscar acadou o subcampeonato final, posto que lle reportou 1200€ de premio ademáis de subir varios puntos ELO
VER INFORMACIÓN COMPLETA
Ctos. Galegos Individuais Senior, S-16, S-12, S-10 e S-8 - Padrón 09
44 xadrecistas Ourensáns desprazáronse durante a pasada S.Santa a Padrón para disputar os ctos. autonómicos individuais. O máis reseñable foi o Bronce de Gabriel Roma Barge en S-10, o 5º lugar de Adrián Gomez Diéguez en S-12, así como o subcampionato na categoría de veteráns acadado por Joaquín Bello Filgueira. Xadrez Ourense (25), Casa da Xuventude (11), Carmelitas-Vedruna (4), Antón Failde (2), Liceo (1) e Loureiro (1) foron os clubes representados.
I Torneo de Xadrez Colexio Luis Vives de Ourense (2-4-09)
O pasado Xoves día 2 de Abril tivo lugar a primeria edición do Torneo de Xadrez para xóvenes "Luis Vives" de Ourense. En Cat. Sub-12 proclamouse venceodor J.José do Olmo mentres que en Sub-14 Brais González resultou o gañador.
XIV Olimpiada de Xadrez Escolar Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14
O Domingo 29 de Marzo 125 xóvenes xadrecistas déronse cita nos salóns do Liceo de Ourense para participar na presente edición da Olimpiada Escolar. Roberto González (Anexa) en Sub-8, Gabriel Roma (Maristas) en Sub-10, Adrián Gómez (Carmelitas) en Sub-12 e Luis Ruiz (Maristas) en Sub-14 foron os vencedores desta XIV edición.
VER CLASIFICACIÓN SUB-14 / SUB-12
VER CLASIFICACIÓN SUB-10 / SUB-8
Faleceu o coñecido xadrecista ourensán Cecilio Brea Lago, Descanse en Paz
O coñecido xadrecista ourensán Cecilio Antonio Brea Lago, faleceu o Martes día 17 de Marzo. O que foi durante moitos anos membro do Clube Xadrez Celanova e nas últimas tempadas xogador do Clube Xadrez Loureiro foi sempre continuo exemplo de deportividade, corrección e cordialidade. Descanse en Paz
II Memorial Juan Carlos Parente - Ateneo de Ourense (15-3-09)
Disputouse a II edición do Memorial Juan Carlos Parente, o vencedor desta edición foi A. de Sousa (Liceo) secundado por J.Miguel Conde (Xadrez Ourense), completou ou podio o Liceista Joaquín Bello, participaron nesta edición máis dunha vintena de xogadores.
EN BREVE MÁIS INFORMACIÓN
Campeonato Provincial Sub-16, Disputado en Caixa Galicia (8-3-09)
26 participantes déronse cita nesta edición do clasificatorio para o autonómico sub-16 en Caixa Galicia o pasado Domingo día 8 de Marzo. O triunfo final foi para David Gómez con 5,5 puntos, seguido por Martín Arellano que acadou a prata con 5 puntos. O Bronce foi para Juan José Gil, todos eles do Club Xadrez Ourense
O G.M. Iván Salgado comenza con paso firme en Capelle (Francia)
O Xoven G.M. Iván Salgado cumple os pronósticos iniciais e comenza convencendo en Capelle la Grande, tras superar en primeira rolda ó M.I. marroquino Karim Ismael (2407) e na 2ª ó M.I. filipino Salvador Roland (2476). En terceira rolda o ourensán enfrontarase ó G.M. Ucraíno V. Zurchenko (2527)
Doblete Ourensán nos Campeonatos Galegos Sub-18 e Sub-14
Os xadrecistas ourensáns Xabier Gómez Domínguez e David Gómez Diéguez son os novos campeóns galegos individuais Sub-18 e Sub-14 respectivamente. Ata 12 ourensáns participaron nesta importante cita de Mondariz que tivo lugar os pasados 21,22,23 e 24 de Febreiro, onde tamén hai que salientar o bronce S-14 de Sergio Blázquez, o 4º lugar S-14 de Martín Arellano e o 5º posto de Javier Martínez en Sub-18
Adrián Gómez e Gabriel Roma campeóns provinciais S12 e S10
O Domingo 1 de Febreiro tiveron lugar os Ctos. provinciais Sub12 e Sub-10 que contaron coa participación de máis de 50 participantes. Adrián Gómez, Andrés Freijeiro e J.Ignacio Cabanelas coparon o podio Sub-12 mentres que Gabriel Roma, Miguel Puga e Brais Gerpe foron os 3 primeiros en sub-10, pola súa banda Roberto González foi o mellor clasificado en categoría sub-8.
Iván Salgado rematou en 5º lugar no Aberto Internacional de Sevilla
O Xoven Gran Mestre ourensán Iván Salgado rematou nun meritorio quinto lugar no forte Torneo Internacional "XXXIV Cidade de Sevilla", Malia súa derrota na 5ª rolda soubo recuperarse vencendo, entre outros, con pezas negras ó G.M. Serbio A. Strikovik e asinando un ampate na última rolda fronte ó G.M. Canadiense Kevin Spragett. Iván acadou ademáis o premio de beleza do certame.
VER MÁIS INFORMACIÓN
Daniel López e Martín Arellano campeóns zonais S18 e S14 - 2009
O Domingo 18 de Xaneiro rematou o Cto. Provincial en categorías Sub-18 e Sub-14. Daniel López Garrido e Martín Arellano Pardo, serán, entre outros, representantes ourensáns na vindeira cita autonómica Sub18 e Sub14 en Febreiro.
Iván Salgado no Telediario de RTVE o Domingo día 11 de Xaneiro
O Xoven G.M. Ourensán Iván Salgado foi entrevistado para o telediario da 1 de Rtve no marco dunha reportaxe adicada ó pasado e ó presente do xadrez español, basada na figura de Arturo Pomar, "Arturito"
VER ENLACE (avanzar a min. 25)
XXIV Aberto Internacional de Xadrez Aninovo Barrocás
Oscar Salgado López (Club Xadrez Ourense) fíxose co máximo título nesta XXIV Edición. Daniel López Garrido, Agna Solange Videira e Samuel Cruz, resultaron vencedores Sub-2000, Xuvenil e Cadete respectivamente. O Luns día 5 tivo lugar clásica cerimonia de entrega de premios e clausura deste XXIV Aberto Aninovo-Barrocás, onde tomaron parte 58 xadrecistas (27 deles con ránking internacional e máis de 40 con ránking nacional).
GALERÍA DE IMAXES DA ENTREGA DE PREMIOS
VIDEOCLIP DO TORNEO I
VIDEOCLIP DO TORNEO II
GALERÍA DE IMAXES "A outra ollada"
XXIV Aberto Internacional de Xadrez Aninovo Barrocás
Máis de 140 xóvenes deportistas déronse cita na 24ª edición do Aberto Internacional de Xadrez Aninovo Barrocás disputado o Sábado día 27 de Decembro nos salóns da A.A.V.V. de Barrocás. Os vencedores desta edición foron Gabriel Roma (Sub-8), Adrián Gómez (Sub-10), Lucas Abal (Sub-12) e Samuel Cruz (Sub-14) foron os campeóns.
CLASIFICACIÓNS COMPLETAS - TODAS AS CATEGORÍAS
GALERÍA DE IMAXES DA ENTREGA DE PREMIOS
O xoven Gran Mestre Ourensán Iván Salgado López está a disputar o Masters de Pamplona, destacadísimo evento de cat. XVI, polo momento hai que salientar os seus empates fronte a xadrecistas da talla de F.Caruana (2640), K.Shaiskirian (2694), Michael Roiz (2677), Alexander Delchev (2632).
VER ENLACE
XIV Maratón de Xadrez por Parellas - Copa Deputación 2008
O Sábado día 20 de Decembro tivo lugar a clásica Maratón de Parellas no salón noble do Liceo de Ourense. 27 parellas déronse cita neste tradicional torneo de rápidas. David Gómez e David Vázquez, ambos do Xadrez Ourense, remataron en 1º Lugar.
Iván Salgado mellor deportista ourensán absoluto - Gala + Dep. 08
Nun multitudinario acto celebrado na noite do Mércores día 17 de Decembro no Auditorio de Ourense, Iván Salgado foi designado polo xurado do "+ Deporte", como mellor deportista ourensán absoluto do ano 2008. O G.M. Ourensán recibiu o premio de mans do alcalde Francisco Rodríguez.
Campeonato zonal Absoluto de Ourense 2008
Joaquín Bello revalida o título zonal absoluto tras a súa victoria na derradeira rolda fronte ó Celanovés J.Luis Casal. Jesús Miguel Conde finalizou en segundo lugar e completou o Podio Armando Da Sousa. O torneo foi organizado polo Clube de Xadrez Universitario de Ourense e foi válido para ránking FEDA e FIDE. Tomaron parte máis dunha trintena de participantes dos diferentes clubes da provincia.
VER CUADRO INFORMATIVO COMPLETO
VII Open de Xadrez para Xóvenes por idades - "MEGAXOVE 2008"
Máis de 60 xóvenes xadrecistas déronse cita nesta edición do clásico de semirrápidas "Megaxove 08", disputado en Expourense o pasado Luns 8 de Decembro. Javier Martínez foi o gañador da xeral e ademáis do premio sub-16, Samuel Cruz dominou en sub-14, Martín Arellano en Sub-12, Jacobo Freire en Sub-10 e Miguel Puga en Sub-8
VII Cto. Internacional Peón de Ouro por equipos - Mondariz 2008
24 ourensáns de 6 equipos e 2 clubes, participaron os días 29 e 30 de Novembro en Mondariz no "VII Peón Ouro por equipos". Xadrez Ourense Benxamín Alfa e Xadrez Ourense Infantil acadaron medalla de prata nas súas categorías, Xadrez Ourense Alevín fixo bronce. O Clube ourensán recibiu o premio á institución máis galardonada dun evento con máis de 200 xadrecistas e 52 equipos. No plano individual destacou Adrián Gómez Diéguez que acadou un 100% sobre 7 partidas
Copa Deputación de Xadrez Rápido 2008 - Ateneo de Ourense
O pasado Sábado día 29 de Novembro tivo lugar a C. Deputación de Xadrez rápido - 08. Alejandro de León (Xadrez Ourense) foi o vencedor con 7,5 sobre 8 puntos posibles. Cecilio Brea (Loureiro) e Lino Hermida (Universitario) completaron o podio
EN BREVE CLASIFICACIÓNS COMPLETAS
Simultáneas do Campeón de Europa, Sergei Tiviakov en Ourense
O holandés Sergei Tiviakov (2686), disputou unha exhibición ante unha selección de 20 xadrecistas ourensáns o Domingo día 23, na sede da obra social Caixa Galicia, actividade organizada polo Clube Xadrez Ourense en colaboración con Xadrez Galego de Vigo. Gustavo Hernández (Ateneo) conqueriu o único empate, tamén destacaron as partidas de J.Losada, F.Patiño, S.Cruz e D.Tavares.
VER ARTIGO NA WEB OFICIAL DE CHESSBASE
Cto. España de Veteráns. Joaquín Bello participou nesta edición 09
O xadrecista ourensán Joaquín Bello estivo en Sabadell entre o 17 e o 23 de Novembro disputando o cto. de España de veteráns. O xogador liceista foi o representante de Galicia na presente edición.
VER MÁIS INFORMACIÓN
Copa Deputación de Clubs 2008 - Ateneo de Ourense
O Ateneo ourensán foi escenario da XIV Copa Deputación de Clubs, coa participación de 10 Clubs de toda a provincia, resultou vencedor "Xadrez Ourense Senior", a prata foi para o Liceo-Academia Postal "A", e o bronce acadouno o xoven conxunto do Xadrez Ourense Promesas
Aberto de Xadrez para Xóvenes "Galisenior 08" - Expourense 08
Máis de 70 xóvenes ourensáns reuníronse o pasado Sábado día 15 de Novembro no recinto feiral de expourense para disputar esta 3ª cita deste torneo de partidas rápidas para xóvenes. Hai que salientar a victoria xeral e tamén sub-16 de Javier Martínez Vecillas, o ouro sub-14 de David Gómez, o título alevín de Martín Arellano e o triunfo en sub-10 de Adrián Gómez
Rematou o III Circuito Galego Escolar 2008 tras 6 meses de torneos
Foron moi numerosos os ourensáns que participaron nos 10 eventos desta 3ª edición, dous deles disputados en Ourense (I Festival Internacional e Copa Galicia-Maristas), destacando nas clasificacións finais xerais o subcampeonato acadado por Martín Arellano en Sub-12 e o 3º lugar do ainda Sub-8 Gabriel Roma, en categoría Sub-10
VER TODA A INFORMACIÓN
II Aberto Internacional Vila Aberto de Valga (Pontevedra) - 2008
O pasado Sábado día 8 de Novembro tivo lugar esta importante cita con ampla representación ourensá. Hai que Salientar o bronce senior de Martín Boado, así como a victoria en Sub-12 de Martín Arellano, ademáis dos 4º e 5º postos de Gabriel Roma e Adrián Gómez en Sub-10. Gabriel Roma Barge foi o gañador tamén na categoría Sub-8.
IV Memorial Clemente Jiménez Aisa - 2008
Disputado no Liceo de Ourense O Domingo 26 de Outubro e coa concurrencia de casi un centenar de participantes de todos os clubes da provincia, tivo lugar a 4ª edición deste xa clásico Memorial de xadrez activo. Oscar Salgado (Senior), Javier Martínez (Cadetes), David Gómez (Sub-14) e Martín Arellano en Sub-12 foron os 4 vencedores desta multitudinaria cita.
Aberto de Xadrez Activo "Campus de Ourense - 2008"
Disputado no Campus Ourensán o pasado Sábado día 25 de Outubro, hai que salientar a victoria de Oscar Salgado e o subcampionato acadado por Javier Varasa. No referente á clasificación universitaria alzouse co triunfo final Aarón Ferreiro Mera da facultade de C. Empresariais.
EN BREVE MAIOR INFORMACIÓN
Manuel Villar recibe a insignia de oureo da cidade de Ourense
O alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, entrega a Manuel Villar a insignia de ouro da cidade pola súa traxectoria persoal nun emotivo activo que tivo lugar no Auditorio de Ourense o Martes 21 de Outubro, no marco da gala anual promovida pola Federación Limiar e as máximas institucións ourensás.
Copa Deputación de Xadrez Activo 2008 - Ateneo de Ourense
Medio centenar de xadrecistas tomaron parte nesta edición da C.Deputación de xadrez Activo organizada polo Club. Gonkafé-Loureiro. Destacables triunfos de Armando de Sousa (Senior), Javier Martínez (S16), Samuel Cruz (S14) e de Sandra Bugallo (S12).
GALERIA DE IMAXES PREMIOS E SORTEOS
Torneo Escolar "Centro Comercial A Barca" Poio, (Pontevedra)
Malia a discreta actuación dos nosos 16 xadrecistas, hai que facer mención ó 4º posto de Miguel Puga (s-10), e ós quintos postos de Gabriel Roma (s-10), Martín Arellano (s-12) e David Gómez (s-14).
VER CLASIFICACIÓNS
XVIII Aberto de Xadrez Activo - Gallaecia 2008 (C. da Xuventude)
Nova edición do clásico torneo de semirrápidas "Gallaecia", cita na que cabe salientar os triunfos de Martín Boado en Senior, de Xavier Gómez en Xuvenil e tamén en cat. cadete, de Samuel Villar en Infantil e de David Vázquez en Alevíns.
Cto.de Europa Individual Sub-18 - Herceg Novi (Montenegro)
O ourensán Iván Salgado reamatou en séptimo lugar nesta importante cita onde hai que salientar o título acadado por o xadrecista catalán Xavier Vila e o bronce do asturiano David Recuero.
WEB OFICIAL
Circuito Galego Escolar 08 - Últimos torneos (Vilanova e Vilagarcía)
Os Sábados 13 e 20 de Setembro disputáronse dous novos torneos do Circuito Galego Escolar nos que participaron varios xóvenes ourensáns. En Vilanova destacamos o Bronce de M.Arellano en S-12 e a Prata de D.Gómez en S14 mentres que en Vilagarcía merecen mención os subcampionatos de G.Roma en S-10 e de S.Blázquez en S-14.
Abertos de Verán - Circuito Galego de Xadrez 2008
Varios foron os xadrecistas ourensáns que tomaron parte en diferentes torneos ó longo dos meses estivais. No Aberto "Peregrina" (Pontevedra) hai que salientar a actuación de Martín Arellano, no Memorial "Alonso Leira" (Ferrol) incidir na boa actuación de Xavier Gómez e no recente Open "Concello de Mondariz" de cat. sub-2150 salientar as actuacións novamente de Xavier Gómez e de Joaquín Bello.
Clasificación "Virxe Peregrina - Pontevedra"
Clasificación "Memorial Alonso Leira - Ferrol"
Clasificación "Concello de Mondariz sub-2150"
Aberto de Xadrez Activo "Memorial Carlos Alfredo" Celanova 2008
Os días 9 e 10 de Agosto tivo lugar na vila de Celanova a edición 2008 do clásico Memorial Carlos Alfredo, organizado polo Clube Xadrez Celanova, con importantes premios e coa participación de 42 xadrecistas, máis de 20 deles con ránking internacional. A victora nesta edición foi para o xadrecista galego afincado nas illas canarias, Fernando Sánchez Aller.
Campeonatos de España Individuais por idades - 2008
Ata 15 xóvenes ourensáns participaron nos pasados Ctos. de España individuais disputados en Padrón ó longo do mes de Xullo. Hai que salientar o novo título nacional obtido por Iván Salgado en cat. S-18. Xavier Gómez, Daniel López, Javier Martínez e Luis Roma tomaron parte en S-16, mentres que Samuel Cruz, David Gómez e Sergio Blázquez o fixeron en cat. Sub-14. Dentro dos máis xóvenes salientar as participacións de Martín Arellano, J.Ignacio Cabanelas e David Gómez en S-12, as de Gabriel Roma, Jacobo J. Freire e Adrián Gómez en Sub-10, así como a de Gabriel Roma e Miguel Puga en cat. sub-8 disputada en Motril (Granada) o pasado mes de Xuño.
CLASIFICACIÓN SUB-18
CLASIFICACIÓN SUB-16
CLASIFICACIÓN SUB-14
CLASIFICACIÓN SUB-12
CLASIFICACIÓN SUB-10
XXVIII Edición do Aberto Internacional "Villa de Benasque" - 2008
O G.M. Ourensán Iván Salgado tomou parte nesta importante cita internacional onde rematou empatado no 9º lugar con 7,5 puntos nun evento que reuniu a perto de 40 G.Ms. e a máis de 500 xadrecistas de máis de 50 paises.
VER TODA A INFORMACIÓN
Entre os días 3 e 11 de Xullo tivo lugar na Casa da Xuventude de Ourense a XVII edición deste clásico Aberto Internacional, que reuniu na nosa cidade a máis de 120 xadrecistas. O M.I. Cubano Isam Ortiz foi o vencedor desta edición, mentres que David Baltar foi o mellor ourensán clasificado con 6 puntos.
VER TODA A INFORMACIÓN
II Memorial Xosé Enrique Rodríguez Peña - 2008
Disputado no Auditorio de Ourense os días 3 e 4 de Xullo e coa participación de 6 seleccións, homenaxeouse un ano máis á figura de X.Henrique Rodríguez Peña. O título final por equipos acadouno a selección madrileña, rematando os ourensáns en 5º lugar.
VER TODA A INFORMACIÓN
IV Open Internacional Vilapouca de Aguiar, Domingo 22 de Xuño
¡41! xadrecistas ourensáns sobre un total de 188, participaron na 4ª edición desta importante cita disputada no pais veciño. Os Clubes Xadrez Ourense, Colectivo Stein e Xadrez Loureiro estiveron amplamente representados, salientar os títulos en S-16, S-12 e S-10 de Daniel López, Ignacio Cabanelas e Adrián Gómez, respectivamente, así como o 2º posto por equipos de Xadrez Ourense, e o cuarto lugar obtido por o conxunto do Colectivo Stein. web do torneo
Cto. de España Individual Sub-8 - Motril (Granada), 20 / 22 de Xuño
Os xovencísimos xadrecistas ourensáns Gabriel Roma (Xadrez Ourense), vixente campeón galego,e Miguel Puga (C. Xuventude), tomaron parte no Cto. de España sub-8 disputado en terras Granadinas. Completando ambos unha meritoria actuación, rematando empatados ó 6º posto e ó 21º, respectivamente.
Iván Salgado Liderou a Selección Española no Europeo S-18
O Campeonato de Europa de Nacións Sub-18, disputado do 13 ó 21 de Xuño en Sgezed (Hungría), contou coa presencia do G.M. Ourensán, Iván Salgado, no 1º taboleiro da selección Nacional. cumpliu as súas expectativas ELO, o resto do equipo estivo irregular, rematando España na 6ª plaza nunha cita que partía co nº 2 de ránking.
II Copa Galicia de Xadrez Escolar - Colexio Maristas día 7 de Xuño
O Sábado día 7 de Xuño tivo lugar a 2ª edición deste importante torneo que reuniu no centro Maristas de Ourense, a de 200 xadrecistas de toda Galicia e Portugal. O torneo é puntuable para o Circuito Galego Escolar 2008. Daniel López (S-16), Jorge Joao Ferreira (S-14), Lucas Abal (S-12), José Rivera (S-10) e Gabriel Roma (S-8) foron os vencedores das respectivas categorías.
IMAXES - MOSAICO PARTICIPANTES
Gabriel Roma novo campeón Galego Individual da categoría sub-8
O xadrecista ourensán Gabriel Roma (Xadrez Ourense) proclamouse campeón galego individual sub-8 no cto. celebrado en Pontedeume (Coruña) os días 31 de Maio e 1 de Xuño. Gabriel viaxará ó próximo Nacional de Motril (Granada), os días 21 e 22 de Xuño. Salientar a actuación de Miguel Puga (C. Xuventude), empatado no 2º lugar.
Xadrez Ourense Campeón Galego Infantil por equipos 2008
O 24 e 25 de Maio tivo lugar en Lugo o Cto. Galego Infantil por Equipos. Xadrez Ourense finalizou campeón en cat. masculina mentres que o Centro Antonio Failde rematou 3º en cat. feminina.
Martín Arellano Gañador do Aberto de Sta. Rita en cat. sub-12
21 xadrecistas ourensáns disputaron esta edición do Aberto de Sta. Rita en Vilagarcía o Sábado 24 de Maio. Hai que destacar a victoria de Martín Arellano en cat. Sub-12 e salientar o 5º lugar de Miguel Puga en Sub-10, así como o 5º lugar de Manuel García en Absolutos.
XX edición do Cto. Escolar "Peón de Ouro" - Mondariz 2008
17 ourensáns participaron nesta edición. Hai que salientar o 4º e 6º posto de Gabriel Roma e Miguel Puga en S-8, o 5º de Martín Arellano en S-12, o 5º de David Gómez en S-14 e o 5º de Daniel López en S-16.
VER CLASIFICACIÓNS COMPLETAS
O Liceo de Ourense rubrica seu ascenso no Play-off polo título
Tras rematar en 1º lugar dentro da 1ª división Sur, o Liceo Ourensán puxo broche de ouro a súa tempada, tras derrotar ó Campeón da 1ª Norte (O Círculo das Artes de Lugo), por 3,5 a 0,5. Esta edición foi disputada paralelamente ós play-off de Div. de Honra, o pasado 10 de Maio na localidade lucense de Monforte de Lemos.
10 Xadrecistas Ourensáns participaron no "VIII Concello da Guarda"
O pasado Sábado día 10 de Maio tivo lugar na localidade da Guarda un importante Torneo de semirrápidas por categorías onde tomaron parte ata 10 xadrecistas ourensáns. Destacando as actuacións de Gabriel Roma (Campeón Sub-8), Martín Arellano (2º Sub-12) e David Gómez (2º Sub-14)
VER CLASIFICACIÓNS
I FESTIVAL INTERNACIONAL DE XADREZ " OURENSE 2008 "
O Domingo 27 de Abril, tivo lugar en EXPOURENSE a primeira edición deste evento que reuniu a 300 xóvenes xadrecistas, baixo a Dirección do Clube Xadrez Ourense, sendo ademáis o 1º Torneo do Circuito Galego Escolar - 2008. Miguel Senlle (Univ. de Vigo) en S-16, Samuel Cruz (X.Ourense) en S-14, Jaime Santos (Cast. León) en S-12, Alberto Portela (Karpov Pontevedra) en Sub-10 e Gabriel Roma (X.Ourense) en S-8 foron os gañadores. Tivo lugar ademáís unha Exhibición a cargo do G.M. Iván Salgado. Á Clausura asistiron numerosas personalidades para a entrega de Premios e para o acto dos Sorteos.
GALERÍA DE IMAXES EXHIBICIÓN G.M. IVÁN SALGADO
O Martes 15 de Abril LEONTXO GARCIA en Ourense
O coñecido xornalista Leontxo García deu unha conferencia-coloquio, sobre historia do xadrez; orixes, a súa introducción na península, evolución ata a época contemporánea, os ctos. mundiais, Bobby Fischer, etc. Conferencia-coloquio dentro do marco de actividades de FORO LA REGIÓN de Ourense.
Fase final Deporte Escolar por equipos 2008
O Xoves día 3 de Abirl tivo lugar no Liceo Ourensán a fase final do Deporte Escolar por equipos. Xadrez Ourense en Infantil Mixto, Cambeo en Infantil Feminino e Xadrez Ourense en Alevín, resultaron os equipos vencedores.
Fase Intermedia Deporte Escolar por equipos 2008
O Domingo día 30 disputouse a intermedia do escolar por equipos. En Alevín clasifícanse para a final Xadrez Ourense e Maristas Alevin, e en Infantil serán finalistas Xadrez Ourense e Maristas Infantil
¡¡ IVÁN SALGADO CAMPEÓN EN SAN SEBASTIÁN 2008 !!
O Xoven Gran Maestro ourensán alzouse co título do prestixioso Open donostiarra 2008, tras conquerir 7,5 puntos de 9 xornadas nun evento con máis de 20 titulados internacionais e 7 G.M., este Open sucedía ó Open "Paz de Ziganda" de Pamplona de semirrápidas, donde Iván rematou 2º, nun durísimo torneo que reuniu a 12 G.M.
CLASIFICACIÓN SAN SEBASTIÁN - 08
Ctos. GALEGOS INDIVIDUAIS S-10, S-12, S-16 e Senior - PADRÓN 08
Un total de 41 Deportistas ourensáns desplazáronse a Padrón para disputar os Ctos. Galegos Individuais S-10, S-12, S-16 e Senior. Salientar o Subcampeonato Absoluto acadado por Marcos Lorenzo con 6 de 7 puntos, e o Título en cat. Veteráns de Joaquín Bello (4.5 de 7), tamén destacou o Bronce S-12 de M. Arellano, o 5º lugar S-16 de Xavier Gómez, así como o 10º S-10 de Gabriel Roma (ainda Sub-8).
CLASIFICACIÓN CATEGORÍA SENIOR
PARTICIPACIÓN XERAL POR CLUBES NOS Ctos. GALEGOS - 08
1ª FASE CTO. ESCOLAR POR EQUIPOS - Deporte Escolar 2008
Esta primeira fase tivo lugar o Domingo día 9 de Marzo, contou coa participación de 18 equipos dentro da categoría Alevín. A organización correu a cargo do Club Casa da Xuventude e o 1º equipo Clasificado foi Maristas Alevín "A", ademáis, os 8 primeiros equipos clasifícanse para a próxima fase do día 30 de Marzo.
I CAMPEONATO "Día + DE AJEDREZ" / + DEPORTE - La Región
La Región e Obra Social Caixa Galicia fixeron posible un evento donde se deron cita perto de 150 xadrecistas de toda Galicia e Portugal o Domingo 24. Disputado en Expourense e baixo a dirección Club Xadrez Ourense, con máis de 50 premios repartidos, exhibición final, sorteos e obsequios, puxeron broche final a unha xornada donde Miguel Senlle (en Senior-U. de Vigo), Daniel López (en Cadete-X.Ourense), Sergio Lomba (en Infantil-Albatros - A Guardia), Luis Segura (en Alevín-Fontecarmoa - Vilagarcía) e Gabriel Roma (en Benxamín-X Ourense), foron os principais protagonistas, entre moitos outros.
CLASIFICACIÓN FINAL Sub-14, Sub-12, Sub-10
CLASIFICACIÓN FINAL Senior - Cadete
IMAXES ENTREGA DE PREMIOS / SIMULTÁNEAS
CTO. PROVINCIAL SUB-12 e SUB-10, CAIXAGALICIA 17-02-2008
O Domingo día 17 de Febreiro disputouse Cto. Provincial sub-12 e sub-10, clasificatorio para o Cto. Galego individual (Padrón - Marzo 08) e coa participación de máis de 50 xóvenes xadrecistas. Martín Arellano, Brayan Salgado e Iago Feijoo foron os 3 primeiros en cat. Sub-12. Adrián Gómez, Miguel Puga e Mateo Álvarez en Sub-10.
CTO. GALEGO INDIVIDUAL SUB-18 e SUB-14, Pontedeume 2008
Excelente actuación dos ourensáns nos ctos. galegos individuais disputados do 2 ó 5 de Febreiro en Pontedeume. Daniel López e Xabier Gómez remataron 2º e 5º respectivamente en S-18, mentres que Sergio Blázquez, Samuel Cruz e David Gómez finalizaron 3º,4º e 6º en Sub-14. foron un total de 11 ourensáns participantes, nun evento que reuniu a 90 xóvenes xadrecistas galegos.
XXIII ABERTO DE XADREZ ANINOVO BARROCÁS - 2007
144 Xóvenes Xadrecistas déronse cita o Domingo 30 de Decembro en Ourense para disputar a XXIII edición do clásico de Nadal Aninovo-Barrocás. Juan José Gil (Xadrez Ourense) en S-14, David Gómez (Xadrez Ourense) en Sub-12 e o lucense J.Ramón Pardo (Cemar-Mondariz) en Sub-10, foron os vencedores.
51 xadrecistas ( 23 con ELO FIDE ) déronse cita nesta XXIII edición do Aninovo-Barrocás nas súas categorías Senior, Xuvenil e Cadete. Oscar Salgado en senior, Salvador Rey en Xuveniles e Xabier Gómez en Cadetes resultaron vencedores. ( En breve Informe FIDE e feda)
ORDEN DE FORZA INICIAL - BASES ABERTO INTERNACIONAL
III Maratón de Xadrez por parellas - Clausura Copa Deputación-08
Tivo lugar o pasado 22 de Decembro no Liceo Ourensán coa participación de 68 xadrecistas (34 parellas). A parella Gañadora foi a configurada por Armando de Sousa (Liceo de Ourense) e María García (Xadrez Ourense). Ó remate entregáronse todos os premios das diferentes actividades da Copa Deputación de Xadrez 2007
IV Cuadrangular por Equipos "Concello de Ourense - 2007"
Disputado nos locais de Barrocás, válido para ELO FIDE e FEDA, tivo lugar este xa clásico torneo por equipos. Xadrez Ourense "A" resultou gañador, empatado no 1º posto co subcampeón Xadrez Loureiro, o bronce foi para a Selección Ourensana Xuvenil, mentres que o Xadrez Celanova rematou en 4º lugar
En Breve Informe ELO
Campeonato zonal Sub-16 - 2007 - Xabier Gómez foi o Campeón
Tivo lugar nos locais do Clube Xadrez Loureiro o Domingo 16, tomaron parte 16 xadrecistas resultando gañador Xabier Gómez, mentres que David Gómez e Daniel López foron 2º e 3º respectivamente.
En breve Imaxes
Campeonatos Provinciais Sub - 18 e Sub - 14 - 2007
Disputado na Casa da Xuventude, rematado o día 9 - 12, resaltamos as victorias de Breixo Gómez en categoría Sub-18, e de Samuel Cruz en Sub-14. Daniel López e Javier Martínez completaron o podio Sub-18, mentres que David Gómez e Andrés Lema fixeron o propio en Sub-14
V Campeonato de Xadrez para xóvenes - MEGAXOVE 2007
52 xadrecistas déronse cita o Domingo día 9 de Decembro no recinto feiral EXPOURENSE para disputar este clásico torneo por cateogorías. Daniel López impúxose en Sub-16, Martín Sabuz en Sub-14, mentres que David Gómez e Adrián Gómez facían o propio en Sub-12 e Sub-10
Joaquín Bello, xadrecista do Liceo de Ourense, proclamouse vencedor da presente edición ó conquerir 6 victorias sobre as 6 xornadas disputadas. Rafael Sánchez (Xadrez Loureiro) e Joaquín Losada (Ateneo), completaron o podio do torneo rematado o Sábado día 8
Campeonato Aberto Peón de Ouro por Equipos, Mondariz
Disputado en Mondariz os días 24 e 25 de Novembro con ampla participación ourensana que desplazou 8 escuadras nas diferentes categorías. Ouro en Alevíns, Plata en Infantiles, así como os premios individuais de Pedro García e Nacho Cabanelas foron os resultados máis salientables. www.ajedrezmarcote.com
III Memorial Clemente Jiménez Aisa - Liceo de Ourense
81 xadrecistas déronse cita o Sábado 17 no Liceo Ourensán para rendir homenaxe a Clemente Jiménez. Armando de Sousa (Senior), Samuel Cruz (Cadete), Juan José Gil (Infantil), Sergio Blázquez (Alevín) e Antón Soria (Benxamín), resultaron vencedores das diferentes categorías.
Daniel López Garrido Vencedor do II Circuito Galego Escolar 2007
O xadrecista Ourensán Daniel López proclamouse campeón do II Circuito Galego Escolar -07 na súa categoría; S-16, tras rematar 4º o pasado Sábado día 10 no Open de Vilagarcía. Asimesmo, David Gómez impúxose, neste mesmo Open, en Categoría S-12, posto que lle serviu para finalizar 5º da clasificación final combinada na súa categoría.
CLASIFICACIÓNS OPEN VILAGARCÍA
Copa Deputación de Xadrez Activo 2007 - Ateneo de Ourense
O 3 de Novembro tivo lugar a C.Deputación de Xadrez Activo, Armando De Sousa en Senior, Xabier Gómez en Cadete, Samuel Villar en Infantiles e David Gómez en Alevín, vencedores desta edición, tomaron parte 49 xadrecistas e foi organizado polo Clube Xadrez Loureiro.
"I Memorial Juan Carlos Parente Mojón" - Liceo de Ourense
Máis de 50 xadrecistas rendiron homenaxe, o Sábado 27, a este coñecido xadrecista ourensán das 2 últimas décadas. J. Miguel Conde en Senior, Aarón Ferreiro en Xuveniles, Samuel Villar en Cadetes, Samuel Cruz en Infantiles e David Gómez en Alevíns, resultaron vencedores das diferentes categorías.
Copa Deputación de Xadrez Relámpago 2007 - Ateneo de Ourense
O 20 de Outubro tivo lugar a C. Deputación de Xadrez Relámpago, Alejandro De León en Senior, Juan José Gil en Cadete, Samuel Cruz en Infantiles e David Gómez en Alevín, vencedores desta edición, tomaron parte 44 xadrecistas e organizada polo Clube Xadrez Loureiro.
XVIII Torneo de Xadrez Activo "Gallaecia - 07" - C. Xuventude
Disputado o 13 de Outubro. Iván Salgado impúxose en Senior, Xuvenil e Cadete, Manuel Vidal subcampeón senior e Armando de Sousa 3º. En Xuvenil Breixo Gómez foi prata, e Salvador Rey completou o podio. Samuel Cruz foi gañador sub-14 e Martín Arellano Sub-12.
Victoria de Martín Arellano en Poio - Pontevedra, en Cat. S-12
O Sábado día 6, varios ourensáns desplazáronse a Pontevedra para disputar o torneo do C.Escolar 07 "C.Comercial A Barca", salientar a victoria de Martín Arellano (1570) en S-12, e boas actuacións de David Gómez (1456) tamén en S-12, e de Samuel Cruz (1516) en S-14
Aberto de Xadrez Activo Campus de Ourense 2007
O pasado Sábado día 6 disputouse no Campus ourensán este clásico torneo de xadrez activo. Victorias de Armando de Sousa en Senior, José Doval en cat. Universitaria, Juan José Gil (Cadetes), Sergio Blázquez (Infantil), Tania Rodríguez (Alevín) e Aarón Iglesias (Benxamín). Torneo organizado polo Clube de Xadrez Campus-Ourense.
EN BREVE CLASIFICACIÓNS COMPLETAS
Aberto Concello de Padrón / Senior e Circ. Galego Escolar 07
Importante participación ourensana (13 xogadores) o 29-9. Destacaron Javier Varasa - Senior (11º), Daniel López (2º) e Javier Vecillas (5º) - S-16, David Gómez (4º) - S-12, e Adrián Gómez (6º) - S-10.
Aberto Concello de Valga - Pontevedra / Circ. Galego Escolar 07
9 xóvenes xadrecistas ourensáns tomaron parte o pasado Sábado día 15-9 neste evento. Hai que facer mención ó 4º lugar de M.Arellano en S-12, así como ó 5º posto de Javier Martínez en S-16
I Aberto Concello de Vilanova - Circuito Galego Escolar - 07
tivo lugar en Vilanova de Arousa o Sábado 8-9.Hai que salientar a prata de M.Arellano en S-12 e o 5º lugar de J.Martínez en S-16 e de A. Gómez en S-10. Participando un total de 11 xóvenes ourensáns.
Campeonato de España Aberto Senior - Grupo Norte
Disputado en Mondariz do 3 ó 9 de Sept. contou coa participación do veterano xadrecista ourensáns Joaquín Bello (Liceo Ourense), a victoria neste grupo foi para o Catalán Josep Oms (G.M.), con 5,5 puntos.
Boa actuación dos Ourensáns no "Open Concello Mondariz - 07"
5 xadrecistas ourensáns tomaron parte no Open de Mondariz, Joaquín Bello acadou 5,5 puntos, tras boa actuación (empates ante M.I. V.Iotov e D.Rivera), Martín Arellano fixo 5 puntos nunha meritoria actuación, e David Gómez rematou con 4, acadando ambos bloque FIDE.
Iván Salgado acada a súa 2ª norma de G.M. Open Internacional de Sants (Barcelona) que rematou o día 2-9, ademáis dun excelente 5º lugar, tras vencer en 9ª Rnd. ó M.I. Xavi Vila, e empatar fronte ós G.M. S. Sulskis, (Lituania), J. García (Mexico) ou Mihai Marín (Romenia).
Excelente actuación de Xabier Gómez no "VII Alonso Leira Sub-20"
Xabier Gómez (C.Xuventude) rematou 6º no "Mem. Alonso Leira" (Sub-20) disputado do 20 ó 24-8 en Ferrol, tras derrotar na última rolda con pezas negras ó M.I. Valentín Iotov, 2502! elo. Breixo Gómez (C.Xuventude) finalizou 12º, acadando ambos importantes premios.
máis info en www.cfxadrez.org
IX Memorial Carlos Alfredo - Xadrez Activo CELANOVA 2007
O fin de Semana do 11-12 de Agosto, tivo lugar este clásico Torneo que chega a súa 9ª edición. Fernando Sánchez, Javier Varasa e Alejandro De León ocuparon o podio. Xosé L. Casal, Xabier Gómez, Miguel Palacios e Martín Arellano gañadores por categorías.
Luis Roma e Gabriel Roma gañadores en Denia - Alicante
O día 12 de Agosto tivo lugar en Denia - Alicante un interesante torneo por categorías no que Luis Roma (Xadrez Ouresne), conqueriu o triunfo na categoría sub-16 e Gabriel Roma, acadou o bronce en Sub-10
IVÁN SALGADO CAMPEÓN DE ESPAÑA INDIVIDUAL - Linares 2007
O Venres día 27 de Xullo Iván Salgado proclamouse campeón de España individual tras conquerir 8 dos 9 puntos en litixio, cunha perfermance de 2481 ELO. Hai que salientar o bo campeonato realizado por Xabier Gómez que chegou a contar 5 de 7 puntos, Mentres que Daniel López completou tamén un aceptable Torneo, rematando con victoria fronte ó 29 de ránking.
CAMPEONATOS DE ESPAÑA INDIVIDUAIS - Linares 2007
Os Xadrecistas ourensáns David Gómez (mellor galego clasificado con 5,5 puntos), Martín Arellano e Sergio Blázquez, participaron do 8 ó 13 de Xullo na localidade xienense de Linares no Cto. de España individual Sub-12. Pola súa parte Juan José Gil e Samuel Cruz disputaron tamén a Categoría Sub-14 (do 15 ó 20 de Xullo)
XVI OPEN INTERNACIONAL DE XADREZ "CIDADE DAS BURGAS"
Rematou o XVI Aberto Internacional Cidade das Burgas, que nesta decimosexta edición reuniu a 100 xadrecistas no pabillón polideportivo da Casa da Xuventude, sendo o Open Ourensán o segundo torneo do circuito galego. Destacando as actuacións dos Ourensáns Marcos Lorenzo, David Baltar e Antonio Villar, as como o elevado número de bloques FIDE e FEDA acadados por xadrecistas ourensáns.
Ranking Inicial
Crónica final
Clasificación final
Variacións e bloques de ELO FIDE
Fotos
III OPEN INTERNACIONAL VILAPOUCA DE AGUIAR - PORTUGAL
31 xadrecistas ourensáns, desplazáronse o pasado Domingo día 24 de Xuño á localidade portuguesa de Vilapouca de Aguiar para participar no III Open Internacional da cidade. Iván Salgado (2º), J.Antonio Álvarez, Oscar Salgado e Aarón Ferreiro en Senior, Breixo Gómez en Sub-18 (3º), Martín Arellano (2º) e Sergio Blázquez (3º) en sub-12, Gabriel Roma (3º) en Sub-8 e Alba Rodríguez (3ª) en feminino, destacaron na clasificación individual, mentres que Xadrez Ourense (Subcampeón) e Peña Recreativa ( 6º posto ), destacaron na clasificación por equipos.
I MEMORIAL XOSÉ HENRIQUE RODRÍGUEZ PEÑA - 2007
Disputado entre os días 7 e 17 de Xuño na nosa Cidade, tivo lugar o
I Memorial Xosé Henrique Rodríguez Peña, que estivo dividido en 2 fortísimos torneos. O Maxistral Pechado con 8 G.M. e 2 M.I. e o Internacional Activo con numerosos titulados internacionais. Organizado polo Ateneo Ourensán e baixo a dirección de Joaquín Bello Filgueira.
CLASIFICACIÓN MAXISTRAL PECHADO
CLASIFICACIÓN ABERTO INTERNACIONAL
Máis información en www.tabladeflandes.com / www.fegaxa.com
I COPA GALICIA DE XADREZ MARISTAS OURENSE-(Cir.Galego 07)
O Pasado Sábado día 9 de Xuño tivo lugar a primeira edición da COPA GALICIA de Xadrez por categorías. No Centro Maristas de Ourense déronse cita 154 xóvenes xadrecistas galégos, resultando vencedores Alberto Portela (Karpov Pontevedra) en S-8, Ramón Pardo (F.Lugo) en S-10, Iago Barral (Karpov Pontevedra) en S-12, Adrián Portela (Karpov) en S-14 e Daniel López (Xadrez Ourense) en S-16.
Copa Diputación por Equipos, Día 2 de Xuño Ateneo Ourense
O pasado sábado día 2 de Xuño tivo lugar a Copa Diputación por Equipos no Ateneo ourensán, organizado por Gonkafé-Loureiro, o triunfo foi para o Liceo de Ourensán, tomaron parte na proba 10 equipos da nosa provincia.
Olimpiada Escolar de Xadrez por Categorías 2007 (C.Deputación)
Máis de 120 xóvenes ourensáns déronse cita no centro social de CAixa Galicia para disputar a Olimpiada Escolar - 07 de Xadrez. En categoría sub-14 impúxose Rubén Pérez, en sub-12 Sergio Blázquez, en sub-10 Ignacio Cabanelas e en sub-8 Gabriel Roma.
Torneo Internacional Escolar Peón de Ouro - Mondariz 2007
¡ 45 ! Xóvenes ourensáns desplazáronse a Mondariz os días 19 e 20 de Maio para disputar a XIX edición deste clásico torneo. Hai que salientar a victoria de Iván Salgado en Cadetes, así como o 4º posto de Xabier Gómez, así como as boas actuacións de Samuel Cruz en Infantil, Martín Arellano en Alevín e Aarón Iglesias en Benxamín.
Daniel López en S-16 e David Gómez en S-12 gañadores en Padrón
Os xóvenes xadrecistas ourensáns do Clube Xadrez Ourense, Daniel López e David Gómez, impuxéronse nas súas respectivas categorías no Torneo Camilo José Cela en Padrón, 1º torneo do Circuito Galego Escolar. Hai que salientar tamén o 5º lugar acadado por Martín Arellano.
Xadrez Ourense Feminino Campeón Galego por Equipos
O pasado fin de semana do día 12 e 13 de Maio tivo lugar no pavillón polideportivo dos Remedios o Cto. Galego Escolar Infantil da Xunta de Galicia. Xadrez Ourense Infantil Feminino proclamouse campeón mentres que Xadrez Ourense Infantil Masculino rematou en 4º lugar.
O Sábado 5, disputouse o clásico de semirrápidas "Maio Xove"
O Sábado día 5, no salón de actos da C.Xuventude tivo lugar este clásico torneo de partidas semirrápidas, coa participación de 35 xadrecistas e organizado polo Clube Casa da Xuventude.
Finais Provinciais Escolares - Xunta de Galicia - Ourense
O pasado Xoves día 26 de Abril, tivo lugar no Centro Social de Caixa Galicia, a fase final provincial escolar nas súas diferentes categorías. Xadrez Ourense en Infantil Mixto, Xadrez Ourense en Infantil Feminino, Carmelitas Vedruna en Alevín Mixto e Rairiz de Veiga en Alevín Feminino foron os equipos campeóns provinciais. Os de cat. Infantil serán os representantes da provincia nos vindeiros Ctos. Galegos.
Campeonato Escolar por Equipos - Fase Final Ourense-Municipio
O pasado Domingo día 15, tivo lugar no centro social de Caixa Galicia a fase final de Ourense-Comarca, do Cto. Provincial Escolar por Equipos.En categoría Infantil clasificáronse Maristas "A" e Xadrez Ourense, mentres que en Alevín fixeron o propio Carmelitas Vedruna e Maristas Alevín "A", todos eles disputarán a final do 26 de Abril.
CAMPEONATOS GALEGOS INDIVIDUAIS - Padrón ( 31 - 3 ó 3 - 4 )
Excelente balance para os ourensáns, que ademais de participar en elevado número ( 28 xadrecistas ) nesta importante cita, trouxeron para Ourense unha Prata, un Bronce e un 4º Posto. David Gómez (Xadrez Ourense) rematou subcampeón sub-12, Xabier Gómez (C. Xuventude) acadou o bronce en sub-16, mentres que Andrés Freijeiro (Xadrez Ourense), oitavo, foi o mellor ourensán en sub-10
CUADRO DE HONRA XOGADORES OURENSÁNS
O Domingo día 25 de Marzo tivo lugar a 1ª Fase do Cto. Escolar
O Campenato Provincial Escolar por equipos (Xunta de Galicia), deu comenzo o Domingo día 25, no Polideportivo da Casa da Xuventude, nas categorías Infantil e Alevín, 26 equipos en total e máis dun centenar de xóvenes xadrecistas. Xadrez Ourense en Infantil e Carmelitas en Alevín, venceron nestas fases previas clasificatorias.
Campeonatos Provinciais Federados Sub-16, Sub-12 e Sub-10
Disputados no Centro Social de Caixa Galicia o Domingo día 11 de Marzo e organizados polo Clube Xadrez Ourense, tiveron lugar os Ctos. Provinciais Cadete, Alevín e Benxamín. Os gañadores foron respectivamente Daniel López (Xadrez Ourense), David Gómez (Xadrez Ourense) e Aarón Iglesias (Casa da Xuventude)
Campeoanato Galego Sub-18 e Sub-14, Narón - 07
15 Xóvenes xadrecistas Ourensáns participaron nos Ctos. Galegos Individuáis de Narón-07. Xabier Gómez e Daniel López, con 4,5, en Sub-18, así como Juan José Gil, con 5, en Sub-14 foron os mellores de entre os nosos representantes. Os locais do Circulo Ferrolano e o Xadrez Ourense, foron os clubes máis participativos de Galiza.
¡ Iago Prol e Antonio Villar estiveron en Moskova !
Os Xadrecistas ourensáns tomaron parte no fortísimo "Aeroflot chess Open - 07", toda unha experiencia nun torneo de élite internacional, toda a informacións sobre este im portante evento en www.aeroflotchess. com
4ª División Federada por Equipos ( Caixa Galicia 11 de Febreiro)
Tomaron parte 16 clubes de toda a provincia, disputouse en 6 Roldas e destacou o elevado número de participantes. A Victoria final foi conseguida por o Xadrez Ourense-Kárpov.
Campeonato por Equipos Galego-Portugués S-18 (Padrón - 28-1)
Organizado pola FEGA e Pola Dirección Xeral para o Deporte, 10 Equipos do Eixo Atlántico disputaron esta interesante competición. O Xadrez Ourense conqueriu o Bronce cun equipo composto por Daniel López, Juan Gil, Javier Vecillas e Alba Rodríguez.
XXII Aberto Intern. Aninovo - 07 (26,27,28,29-Dec. / 3,4,5-Xan.)
O 5 de Xaneiro rematou o Aninovo - 07, con victorias de Manuel Vidal en Senior, Fabio Barbosa en Xuvenil e Xabier Gómez en Cadete. No torneo, e durante 7 xornadas tomaron parte 54 xadrecistas (que xunto ós
S-14,S-12 e S-10 foron un total de 185 participantes), 21 con FIDE.
XXII Aninovo Barrocás Infantil, Alevín e Benxamín (30-12-06)
O Sábado día 30 de Decembro-06 tiveron lugar os Torneos Infantil (S14), Alevín (S12)e Benxamín (S10), coa participación de 131 xogadores de Vigo, Vilagarcía, Pontevedra, Portugal, Celanova. As victorias foron para Xabier Gómez (S14), Samuel Cruz (S12) e Vicente Marques (S10)
Clausura Copa Deputación-06 e Maratón de Parellas
A tradicional Maratón de Parellas foi disputada no Liceo Ourensán, con Récord de Participación (48 parellas, 96 xogadores) que abarrotaron o Salón Noble do Liceo, tanto para o torneo como para a Clausura e posterior entrega de Premios. Resultou gañadora a parella composta por Salvador Rey e David Vázquez que acadaron 20 puntos en 2 horas.
Iván Salgado remata 3º No Maxistral Internacional de Euskadi
O M.I.Ourensán, remata 3º, no XVI Torneo Maxistral Internacional en Elgoibar. O Torneo disputouse entre 10 e 17 de Decembro, e reuniu a 10 especialistas de diversas nacionalidades. O xoven Ourensán aproveitou a oportunidade e acadou os 800 € do 3º premio, e subiu 16 puntos ELO. +
Páxina: %s ", $i, $i); } ?> ARQUIVO
Visitas: Actualizado: