arbitrOS
Esta é unha distribución non oficial baseada en Trisquel mini, á que se lle engadiron as aplicacións necesarias para administrar un torneo de xadrez.
Aplicacións incluidas
Vega -> xestión de torneos.
Actualizar Vega -> Actualiza o programa á última versión dispoñible para GNU/Linux.
Scid -> Base de datos de partidas. Permite pasar partidas a pgn. Para pasar partidas nos ficheiros xenerados por Vega, hai que ter en conta que primeiro hai que seguir estes pasos: 1. crear unha base de datos nova (para que estea no formato nativo de Scid); 2. Abrir o pgn xenerado por Vega; 3. No intercambiador de bases de datos, arrastrar o ficheiro pgn sobre a base que creamos; 4. Pasar as partidas na base de datos (non no pgn); 5. Exportar novamente a pgn.
Descargar ELO Fide -> Actualiza automáticamente o ficheiro players_list.txt para o seu uso con Vega.
Paquete formularios -> Inclúe os formularios típicos necesarios para un torneo: rexistro previo, normas de árbitro, solicitude código Fide, solicitude cambio de datos, ...
LibreOffice -> Programa de ofimáatica. Le ficheiros .doc, .docx, .xls, .xlsx
Evince -> Visor de .pdf.
Emacs -> Se non sabes o que é, probablemente non o uses :)
Como conseguir arbitrOS
Polo momento, a distribución atópase na súa fase beta. Podes solicitar unha copia no email [email protected].
Visitas: Actualizado: