Peón de ouro
0000-00-00
Varios xadrezcistas ourensanos participaron no torneo aberto celebrado en Mondariz-Balneario os días 21 e 22 de maio. David Gómez conseguiu vencer na súa categoría, mentres que Adrián Gómez, Gabriel Roma, Xurxo Gerpe e Martín Gómez lograron subir ó podio das súas correspondentes categorías.
Finais provinciais do xadrez escolar.
0000-00-00
O xoves, 12 de maio, celebrouse no colexio Maristas, en Ourense, a fase final do xadrez en deporte escolar.
Xadrez na escola, fase local por equipos.
0000-00-00
O domingo 8 de maio de 2011 celebrouse en expourense a fase local de xadrez do "Deporte na escola", subvencionado pola Xunta de Galicia. O xoves, día 12, celebrarase a fase final no colexio Maristas, a partir das 17:30.
Fotos dos Campionatos galegos
0000-00-00
Xa están dispoñibles na galería as fotos dos campionatos galegos celebrados en Semana Santa.
Campionatos Galegos en Padrón.
0000-00-00
Do 16 ó 22 de abril celebráronse, no hotel Scala, en Padrón, os campionatos galegos das seguintes categorías:
- Sub-8
- Sub-10
- Sub-12
- Sub-16
- Absoluto
- Feminino
- Veterán
Os xogadores e as xogadoras ourensáns obtiveron uns resultados excelentes.
Celebrouse o zonal sub 16 en Ourense
0000-00-00
David Gómez Diéguez foi o vencedor do torneo, que se celebrou no local da Asociación de Veciños Loureiro. Acompañárono no podio Sergio Blázquez e Martín Arellano.
Campionatos galegos sub 14 e sub 18
0000-00-00
Varios xóvenes xadrecistas ourensanos se desplazaron a Pontedeume para disputar os Campionatos galegos, todos eles do club Xadrez Ourense. Na categoría sub-18, Martín Arellano logrou facerse co título, mentres David Gómez acadaba a terceira praza. Samuel Cruz e Sergio Blázquez obtiveron o 8º e 17º postos respectivamente.
En sub-14, Adrián Gómez quedou no terceiro posto.
O domingo 6 de febreiro xogouse o campionato zonal sub 14.
0000-00-00
Adrián Gómez (Xadrez Ourense) foi o gañador do torneo, disputado nos locais da Asociación de Veciños Loureiro. Brais Gerpe e Miguel Puga, os dous da Casa da Xuventude foron segundo e terceiro.
Campeonatos provinciais Sub-8, Sub-10 e Sub-12
0000-00-00
O Campeonato zonal, clasificatorio para o autonómico, nas categorías sub-8, sub-10 e sub-12 disputouse na xornada Dominical do 23 de Xaneiro nos salóns da A.V.Barrocás. Xurxo Gerpe en Sub-8, Martín Fernández en Sub-10 e Gabriel Roma en Sub-12 foron os vencedores dunhas probas nas que tomaron parte ata 55 participantes totais.
Alejandro de León, campión do XXVI Aninovo Barrocás
01/01/2012
Tras gañar a súa partida da última rolda, Alejandro de León confirmouse como vencedor do torneo Aninovo Barrocás - Manuel Villar "In Memoriam", empatado a seis puntos puntos co recente gañador do torneo provincial David Gómez. Lino Hermida completou o podio. Varios xogadores optaban ó título final nunha das edicións máis disputadas que se recordan, o que fixo que as partidas da última rolda foran moi interesantes.