Iván Salgado, novamente campión de España de Xadrez Rápido.
25/08/2015
O GM ourensán completou unha moi boa actuación, no que so perdeu a partida ante o GM Julio Granda. Máis detalles da súa actuación nas diversas modalidades do campionato de España nos enlaces.
Campionato de España por equipos División de Honra
Campionato de España de Xadrez Relámpago
Campionato de España de Xadrez Rápido
Campionato de España individual Absoluto
Partidas en directo
Ourensanos nos campionatos de España
09/08/2015
Varios foron os ourensanos que participaron este ano nos campionatos de España por categorías.
Cabe destacar, sobre todo, as actuacións de Pura Diéguez (Ben-Cho-Shey), bronce en sub-8 feminino e Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), quinto en sub-12.
Martín tamén participou na selección galega no campionato de seleccións autonómicas sub-14, quedando nun magnífico quinto lugar.
O equipo ourensano Xadrez Ourense, pola súa parte está a disputar o Campionato de España por equipos de Segunda División.
Campionato de España por equipos Segunda División
Campionatos de España por categorías
Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14
Maratón de torneos de xadrez activo na provincia de Ourense.
12/08/2015
Este verán suceden en Ourense varios torneos de xadrez activo no marco do Circuito de Galicia Central, organizado polos compañeiros de Lalín.
21/07/2015 - Campus de Ourense
28/07/2015 - Ben-Cho-Shey
01/08/2015 - Verín
08/08/2015 - Celanova
II Torneo Campus de Ourense 2015
03/08/2015
O torneo disputouse por sistema suízo a 9 roldas, entre os días 6 e o 12 de xullo de 2015 no Campus Universitario de Ourense
O MI Jaime Santos resultou o vencedor do torneo, seguido no podio polo MI Toms Kantans e o GM Alejandro Hoffman.
O primeiro clasificado na categoría de xogadores ourensanos foi Xabier Gómez.
Clasificación final.
Ver as partidas
XXX Aninovo Barrocás.
31/12/2014
Estase a disputar este tradicional torneo no salón da Asociación de veciños de Barrocás. Toda a información, nas páxinas do Club Xadrez Ourense e da Asociación de Veciños de Barrocás.
Páxina oficial do torneo
Páxina da A. VV. Barrocás
Xabier Gómez, novo Campión provincial
01/02/2015
O xoven xogador ourensán conseguía vencer nun torneo no que partía como segundo do ranking inicial. Despois dunha moi boa actuación, na que non perdeu ningunha partida, rematou o torneo con seis puntos. Cun punto menos remataron o MF David Baltar e Joaquín Bello, plata e bronce respectivamente.
Iván Salgado, bronce no campionato de Europa de BLITZ.
24/12/2014
Iván acadou o pasado venres, en Wroclaw (Polonia), este magnífico resultado despois de medirse con algúns dos xogadores más fortes do continente, entre eles o GM Paco Vallejo, ó que venceu nas dús partidas que disputaron.
O torneo disputouse por sistema suízo. En cada rolda, os xogadores disputaban dúas partidas, alternando as cores. O ritmo de xogo era de tres minutos por xogador cun incremento de dous segundos por cada xogada.
Clasificación final
Páxina oficial
Maratón de Ajedrez "+D La Región"
15/12/2014
Celebrarase en Expourense, ás 16:00 do sábado 20 de decembro. Aberto para os xóvenes nacidos a partir de 1996 (incluído). O sistema de xogo será o clásico nos maratóns (máis detalles nas bases.
O ritmo de xogo será de 10 min. "a finish".
Bases
Gran actuación de Iván Salgado no Qatar Masters Open 2014
14/12/2014
O Gran Maestro ourensán realizou unha excelente actuación neste forte torneo, no que se medían máis de dez xogadores por riba de 2700 puntos de ELO, entre eles o excampión do mundo Vladimir Kramnik (2760), Anish Giri (2776) ou o excampión de Europa, Evgeny Tomashevsky (2714). Iván logrou o posto 21, moi por riba do seu lugar no orde de forza. Noraboa!
Información do torneo
Ver as partidas de Iván no torneo
IV Torneo de Nadal Benchoshey
11/12/2014
día 13 de Diciembre de 2014 Lugar: Colegio Benchoshey, Pereiro de Aguiar
Hora: 17:00
Rondas: 6 a 10 min. finish
Categorías: sub-8, sub-10 y sub-12
Plazas: Hasta 80 por riguroso orden de inscripción
Trofeos para los tres primeros de cada categoría y para la campeona femenina
Trofeos conmemorativos para todos los participantes
Organiza: Club Xadrez Benchoshey
Inscripciones: [email protected]