//iso-8859-15 Ourenxadrez. Información sobre xadrez na provincia de Ourense

Provincial Absoluto 2015

13/12/2014

image

Estase a xogar no Liceo de Ourense, na rúa Lamas Carvajal 5.
O torneo disputarase a sete roldas, a un ritmo de 90 min. +30 s. por xogada.

Despois de tres roldas, Joaquín Bello consegue alcanzar a David Baltar na cabeza da clasificación, tras empatar este último a partida contra o segundo do ranking, Xavier Gómez, que queda con dous puntos, empatado con Miguel Ferreiro e Andrés Ibarra. A cuarta rolda celebrarase o sábado 13.

ATENCION: O domingo 21 a rolda será as 10:30.



Torneo Campus de Ourense 2014

08/12/2014

image

O sábado 19 de outubro tivo lugar o clásico torneo Campus Ourense. Unha treintena de xogadores loitaron toda a tarde para levarse os preciados premios.
O campionato absoluto foi para o componente do equipo Universitario de Ourense Antonio Fernández seguido dos xogadores do Liceo Marcos Lorenzo e Armando de Sousa.
A categoría universitaria foi dominada polos xogadores do Universitario de Ourense, primeiro Ignacio Salazar seguido de Javier Varasa, e terceiro Lino Hermida.
Na categoría dos pequenos dominaron os nenos Alfonso, César, Xurxo, Ángel, Brais e Raúl.



Festival de Xadrez de Expourense 2014

20/10/2014

O sábado, 1 de novembro celebrarase a VII edición deste torneo, no que sempre se dan cinta centos de xóvenes de España e Portugal.



Torneo Campus Ourense 2014

29/09/2014

Celebrarase o 18 de outubro, sábado, ás 16:30 no edificio de asociacións do campus, ó lado do Banco Santander.
O ritmo de xoto será de 15min +3seg por xogada. Disputaranse 6 roldas.
Trofeos ós tres primeiros absolutos, tres primeiros universitarios, campión xuvenil, campión cadete, campión infantil, campión alevín e campión benxamín.
Inscricións: [email protected]



Iván Salgado, campión de España de xadrez rápido

26/08/2014

O GM ourensán logrou a victoria neste duro torneo, celebrado o 23 de agosto, despois de lograr 7,5 puntos e impoñerse no desempate a David Antón.



XVI Memorial Carlos Alfredo

18/08/2014

Tivo lugar en Celanova, o pasado 9 de agosto. Miguel Ferreiro acadou a victoria neste torneo no que participaron máis de cen xogadores.



I Open Internacional Campus de Ourense

15/07/2014

O GM Luis Galego venceu no torneo finalmente, impoñéndose no desempate ó GM Dragan Paunovic, ó GM Alejandro Hoffman é o MF Jaime Santos.



II Torneo de Xadrez Activo Ben-Cho-Shey 2014

15/07/2014

Celebrouse o 5 de xullo, nas instalación do CEIP Ben-Cho-Shey, en Pereiro de Aguiar.



I Torneo de Xadrez Activo Campus de Ourense

05/07/2014

Tivo lugar o 21 de xuño, no Campus Universitario de Ourense. Gozou de unha gran participación, case 120 xogadores. Javier Varasa foi o gañador na categoría absoluta, seguido de Breixo Gómez e José Doval.
Adrián Gómez foi o campión sub-18. En sub-14, César Pérez Dapoza.
Alex Crespo foi o vencedor no torneo dos pequenos.



VIII Copa Maristas

04/06/2014

Terá lugar no pavillón do colexio Maristas, en Ourense, o 7 de xuño. Xogarase en horario de mañá a partir das 11:30 e pola tarde a partir das 16:00.



Información sobre xadrez na provincia de Ourense

gnu logo

Liga 2016

Login

Páxina:  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12   ARQUIVO

Visitas:contador   Actualizado: 19/01/2016