//iso-8859-15 Ourenxadrez. Información sobre xadrez na provincia de Ourense

Memorial José Henrique Rodríguez Peña 2013

17/11/2013

Terá lugar o sábado 23 de novembro ás 16:30 no local do Ateneo de Ourense (Habana, 25). O sistema do torneo será a 20 minutos a caída de bandeira, a seis roldas. Haberá os seguintes premios:
Primeiro clasificado: trofeo e material de xadrez.

Segundo e terceiro clasificado: trofeo.
Primeiro veterano: trofeo e material de xadrez.
Primeiro socio do Ateneo: trofeo e material de xadrez.
Primeiro xuvenil (sub-12): trofeo e material de xadrez.

Inscricións: [email protected]
988372075 (polas mañás).



Rafael Sánchez de León, campión da Copa Deputación de Rápidas.

21/12/2013

Rafael Sánchez de León, do Xadrez Loureiro impúñase no torneo celebrado o 16 de novembro no pavillón de Celanova sobre Marcos Lorenzo, do Liceo, nos desempates. O terceiro clasificado foi Armando se Sousa, tamén do Liceo.



Copa Deputación de Xadrez Rápido

17/11/2013

Sábado 16 de novembro, ás 16:30, no pavillón de deportes de Celanova. Seis roldas a 15+3. Trofeos para os tres primeiros clasificados.
Inscricións: [email protected]



Copa Deputación por equipos 2013

17/11/2013

O torneo, cunha grande participación, foi dominado polo club Xadrez Ourense, seguidos polo Universitario de Ourense e o Liceo. O campión individual foi o MF Fernándo Sánchez Aller.



Copa Deputación por equipos.

16/11/2013

Sábado 9 de novembro, ás 16:30, no edificio de asociacións do Campus de Ourense. Disputaranse seis roldas a un ritmo de 15+3. Utilizarase o sistema suízo individual e os catro primeiros clasificados de cada club puntuarán para a clasificación por equipos. O número mínimo de xogadores para formar un equipo será tres.
Trofeos individuais para os tres primeiros xogadores clasificados. Trofeos e lote de libros para os tres primeiros equipos clasificados.
Inscricións no email [email protected]



II Festival Internacional de Xadrez "Ourense 2013" "Deporte Ciencia para a Xuventude"

15/11/2013

O torneo terá lugar o vindeiro Sábado día 2 de Novembro de 2013 en “EXPOURENSE”.
Será proba puntuable do CIRCUITO GALEGO ESCOLAR 2013.
O evento dará comezo ás 11.00 h. coa benvida aos participantes e indicación das sinxelas directrices técnicas por parte da organización.



Torneo do Campus de Ourense

14/10/2013

Terá lugar o sábado, 19 de outubro, ás 16:30, no edificio de asociacións co Campus universitario de Ourense. O ritmo de xogo será de 15+3, a seis roldas. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas categorías: absoluta e universitarios; e para os campións das categorías: cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.
Inscricións: [email protected]



Iván Salgado campión de España

10/11/2013

O GM ourensano proclamouse campión absoluto nesta edición de 2013. Despois dun comezo pouco prometedor, acadou dúas importantes victorias contra o GM Josep Manuel López e o GM Miguel Illescas que lle permitiron chegar a última rolda cun punto sobre o segundo clasificado. Unhas tablas co GM David Antón bastáronlle para acadar o título.
O MF Fernando Sánchez, que xoga no club ourensano Xadrez Ourense logrou o posto 26 dun campionato cun ranking inicial moi duro.



Memorial Carlos Alfredo, en Celanova

17/08/2013

Celebrarase o sábado 17 de agosto no Pavillón novo de Celanova. Xusto detrás. do mosteiro. Constará de seis roldas que se xogarán a partir das 16:00 horas. O ritmo de xogo será de15 minutos por xogador.



I Torneo de xadrez Benchoshey

27/07/2013

Tivo lugar o 27 de xullo con gran éxito de participación.



Información sobre xadrez na provincia de Ourense

gnu logo

Liga 2016

Login

Páxina:  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12   ARQUIVO

Visitas:contador   Actualizado: 19/01/2016