//iso-8859-15 Ourenxadrez. Información sobre xadrez na provincia de Ourense

Copa Maristas 2013

08/06/2013

A séptima edición da Copa Maristas celebrouse o pasado sábado, 8 de xuño no pavillón polideportivo do colexio Maristas.
O evento acadou unha participación de preto de 300 nenos e nenas de toda Galicia e Portugal.



Playoffs da liga galega 2013

07/09/2013

Celebráronse nos locais da Asociación de Veciños de Barrocás o pasado 11 de maio. O club Xadrez Ourense proclamouse subcampión tras unha excelente campaña na que acadaron o mellor resultado da súa historia.



Campionatos galegos 2013

31/05/2013

Os campionatos galegos celebrados do día 23 ó 29 de marzo foron o escenario dunha magnífica actuación ourensá.
O MF Fernándo Sánchez, do Club Xadrez Ourense logrou vencer na categoría sénior. Ademais, Martín Gómez Carreño (tamén do Xadrez Ourense) venceu na categoría sub 10. Na categoría feminina tamén de sub 10 proclamouse campiona Ainhoa Quintas (do club Ben-Cho-Shey). Tamén foi campiona da súa categoría Laura Gómez, (Xadrez Ourense) (sub 8 feminina).
Martín Fernández (Casa da Xuventude), Pilar García (Xadrez Ourense) e Carlota García (Ben-Cho-Shey) quedaron subcampións en sub 12, sub 10 e sub 8, respectivamente.
Ángel Domínguez (Casa da Xuventude) e Alejandro Garrido (Ben-Cho-Shey) quedaron terceiros en sub 16 e sub 8.



Zonais por categorías 2013

16/03/2013

Tiveron lugar o domingo día 10 nos locais da Asociación de Veciños "El Olimpo". Desputáronse as categorías sub-8, sub-10, sub-12 e sub-16. Resultaron campións:

Alejandro Garrido (Ben-Cho-Shey) - SUB-8
Martín Gómez (Xadrez Ourense) - SUB-10
Martín Fernández (Casa da Xuventude) - SUB-12
Adrián Gómez (Xadrez Ourense) - SUB-16



Provinciais sub-14 e sub-18

01/02/2013

Celebráronse o pasado domingo, 20 de xaneiro, nos locais da AA.VV. de Barrocás. Gabriel Roma foi o campión sub-14, e Adrián Gómez en sub-18.



XXVIII Aninovo Barrocás 2013 – III Memorial Manuel Villar

07/01/2013

Aberto internacional
Adrián Gómez converteuse no campión máis novo da historia do torneo despois dunha fantástica actuación na que non perdeu ningunha partida. Seguíronlle na clasificación Marcos Lorenzo e Alejandro de León.
Xoves 27 ás 20:00 - Resultados
Venres 28 ás 20:00 - Resultados
Sábado 29 ás 17:00 - Resultados
Domingo 30 ás 17:00 - Resultados
Xoves 3 ás 20:00 - Resultados
Venres 4 ás 20:00 - Resultados
Sábado 5 ás 16:00 - Resultados
Clasificación final
Torneos por categorías
Domingo 23
Os campións foron: Adrián Vázquez Velasco (sub-8); Martín Fernández Carballal (sub-10); Brais Gerpe Vilas (sub-12)
Máis información na páxina de Xadrez Ourense
Sábado 29
Categoría sub-14
Brais Gerpe Vilas logrou gañar o torneo por diante de Ángel Domínguez e Pablo Vidal. - Clasificación final



II torneo escolar de nadal 2012 O Pereiro

28/12/2012

Celebrouse o 15 de decembro nas instalacións do C.E.I.P Ben-cho-shey. Raúl Martínez Peña resultou gañador da categoría sub-12; Martín Gómez Carreño venceu na categoría sub-10 e Marcos Osorio Pereira na sub-8.



Campionato Provincial Absoluto

0000-00-00

David Gómez resultou vencedor do torneo tras vencer na quinta rolda ante o seu irmán Adrián e facer tablas con Marcos Lorenzo na derradeira rolda.



Copa Deputación de Xadrez Rápido

0000-00-00

Joaquín Bello resultou vencedor desta edición da Copa Deputación de Xadrez rápido, celebrada no Campus Universitario o pasado sábado 17 de novembro.



Copa Deputación de xadrez relámpago

0000-00-00

Celebrouse o sábado 10 de novembro no edificio de Asociación do Campus de Ourense.
Javier Varasa proclamouse vencedor do torneo.



Información sobre xadrez na provincia de Ourense

gnu logo

Liga 2016

Login

Páxina:  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12   ARQUIVO

Visitas:contador   Actualizado: 19/01/2016