//iso-8859-15 Ourenxadrez. Información sobre xadrez na provincia de Ourense

VI Edición da Copa Galicia Maristas de Xadrez

0000-00-00

Máis de 300 xadrecistas de Galicia e Portugal asistiron a este evento. Os xadrezcistas ourensáns realizaron un magnífico torneo. Dous deles resultaron gañadores nas súas categorías:

César Pérez Dapoza (Xadrez Ourense)
Martín Pena Varela (Universidade de Santiago)
Gabriel Roma Barge (Xadrez Ourense
Julio Suárez Gómez (Fontecarmoa)
Javier Domínguez Carrero (Universidade de Vigo)

Tamén foron destacables as actuacións dos xadrecistas Iago Godoy Quintela e Marcos Osorio Pereira (Os dous do Club Ben-Cho-Shey), segundo e terceiro clasificados en sub-8; Miguel Puga Sánchez e Alberto Iglesias Feijoo (os dous do Club Casa da Xuventude), segundo e terceiro clasificados en sub-12; Adrián Gómez Diéguez (Xadrez Ourense), terceiro clasificado en sub-14; e Miguel Ferreiro Díaz (Xadrez Ourense), terceiro clasificado en sub-16.



Fases Provinciais e Finais do Deporte Escolar 2012

0000-00-00

Os pasados Domingo 13 de Maio e Mércores 16 de Maio tiveron lugar a 1ª fase e Final das categorías Benxamin, Alevín e Infantil do Deporte escolar 2012. Participaron 160 xogadores que representaron a 28 equipos e que disputaron os Torneos nos locais da Asociación “Olimpo”, baixo a dirección do Club Xadrez Ourense. Na categoría Infantil Mixta impúxose o Xadrez Ourense, clube que tamén resultou vencedor provincial en Infantil feminino, ambos equipos representarán a Ourense no vindeiro campionato galego a disputar en Ourense o día 9 de Xuño. Pola súa parte na categoría Alevín resultou vencedor o Club Casa da Xuventude Alevín. A categoría benxamín, coa final disputada o 13 de maio, foi dominada polo Club Xadrez Benchoshey que colocou os seus dous equipos na primeira e segunda posición.



O G.M. ourensán Iván Salgado proclámase campeón Iberoamericano 2012

0000-00-00

Despois dunha fantástica actuación, ante rivais tan fortes coma o G.M. Lázaro Bruzón (2694), Iván necesitaba gañar na última rolda ante o G.M. Julio Granda, e conseguiuno de maneira brillante, tras unha creativa partida que acadou o premio á mellor partida do torneo.



DOS OROS, TRES PLATAS Y UN BRONCE EN LOS CAMPEONATOS GALLEGOS

0000-00-00

Mais de 40 xogadores desprazáronse a Padrón ós campionatos galegos individuais nas súas categorías Absoluto, Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8, obtivendo unos resultados destacados: na categoría sub8 campiona galega CECILIA GONZÁLEZ LÓPEZ (Club CEIP Benchoshey)e subcampión galego CÉSAR PÉREZ DAPOZA (Club Xadrez Ourense); na categoría sub10 bronce para MARTÍN FERNÁNDEZ CARBALLAL (Club Casa da Xuventude); na categoría sub12 campión galego MIGUEL PUGA SÁNCHEZ (Casa da Xuventude), subcampión galego GABRIEL ROMA BARGE (Xadrez Ourense) e subcampiona galega XIANA GARCIA ARCOS (Casa da Xuventude); na categoría absoluta destacar o sexto posto de DAVID GÓMEZ DIÉGUEZ (Xadrez Ourense).



DAVID GÓMEZ CAMPEÓN GALLEGO SUB18 Y ADRIÁN GÓMEZ SUBCAMPEÓN GALLEGO SUB14

0000-00-00

Seis xogadores ourensans acudiron, entre o 18 e o 21 de Febreiro, ós Campionatos Galegos individuais das categorías Xuvenil e Infantil que disputáronse en Padrón (Coruña). Na categoría Sub-18 David Gómez (Xadrez Ourense)obtivo o triunfo con 7 puntos sobre 8 posibles, Sergio Blázquez (Xadrez Ourense) rematou 6º(empatado no terceiro lugar), e David Vázquez (Xadrez Ourense)se situou 13º (empatado no 10º posto). Na clasificación Infantil Adrián Gómez (Xadrez Ourense)obtivo o subcampionato, tras ceder solo un punto ante o campión do torneo; Ángel Dominguez (Casa Xuventude) logró un meritorio 7º posto (empatado no quinto posto), e pola súa parte Alejandro Cervigni (Xadrez Ourense) rematou empatado no posto 20.



Campionatos provinciais por categorías.

0000-00-00

Disputados no local da Asociación de veciños "El Olimpo" os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro. Os torneos foron clasificatorios para os campionatos galegos. Os campións foron:

Sub 18: David Gómez
Sub 16: David Vázquez
Sub 14: Adrián Gómez
Sub 12: Brais Gerpe
Sub 10: Martín Gómez
Sub 8: César Pérez



Campionatos Provinciais sub-18 e sub-14

0000-00-00

O Domingo día 29 de Xaneiro nos locais da Asociación Olimpo, e valedeiro para o Cto. Galego 2012 que se disputará nas datas de Entroido en Padrón, teran lugar os Campionatos Provinciais sub14 e sub18 (integrados nas actividades da Copa Deputación 2011-2012). Inscrición aberta no email [email protected]. Organiza Club Deportivo Xadrez Ourense.



Finaliza o XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar”

0000-00-00

Unhas tablas na primeira mesa da última rolda decidiron o campión do torneo. David Gómez acabou impoñendo un mellor desempate para alzarse coa victoria por diante de Alfonso Agra.



XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar” Torneo por categorías

0000-00-00

O pasado 30 de decembro celebrouse outra edición deste torneo, no que os máis xóvenes poden mostrar as súas habilidades.Os primeiros clasificados foron Xurxo Gerpe (s8), Martín Fernández (s10), Angel Dominguez (s12) e Miguel Ferreiro en Sub-14.



XXVII Aninovo Barrocás 2012, II Memorial Manuel Villar

0000-00-00

Este tradicional torneo dará comezo o 26 de decembro e disputarase a sete roldas ata o día 5 de xaneiro. O 30 de decembro terá lugar o torneo por categorías para os xóvenes.



Información sobre xadrez na provincia de Ourense

gnu logo

Liga 2016

Login

Páxina:  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12   ARQUIVO

Visitas:contador   Actualizado: 19/01/2016