//iso-8859-15 Ourenxadrez. Información sobre xadrez na provincia de Ourense

Copa Deputación 2011 de xadrez activo e por equipos

0000-00-00

Armando de Sousa gañou o torneo disputado o sábado, 17 de decembro nos locais da Asociación de Veciños "El Olimpo", organizado polos Clubes Xadrez Ourense e Xadrez Loureiro. Na clasificación por equipos, o primeiro posto foi para o Liceo Academia Postal.



Torneo de Nadal no colexio Ben-cho-shey

0000-00-00

Disputouse o día 17 de decembro, organizado polo Club Xadrez Benchoshey. Cristina Garrido venceu na categoría sub-8, seguida de Alexandre Romero, ambos empatados a puntos. Bárbara Rodríguez foi a vencedora en sub-12



Torneo Copa Deputación Activo e por Equipos

0000-00-00

O próximo sábado, día 17 de decembro, disputarase o Torneo de Copa Deputación Activo e por Equipos 2011-2012, no local da AAV El Olimpo, as 17 horas.



Club Xadrez Ourense, subcampión de España sub16

0000-00-00

O equipo, composto por David Gómez Diéguez, Martín Arellano Pardo, Sergio Blázquez Criado, Adrián Gómez Diéguez e Davi Vázquez Gómez acadou este importante resultado para o xadrez ourensán en Benidorm.



JOAQUÍN BELLO CAMPIÓN PROVINCIAL ABSOLUTO DE XADREZ

0000-00-00

Rematou no local da Asociación de Veciños "El Olimpo", organizado polo Club Xadrez Loureiro, o torneo zonal clasificatorio para o Campionato Galego, que forma parte das actividades incluidas na Copa Deputación de Xadrez 2011-2012, ca victoria de Joaquin Bello Filgueira, do Club Liceo Academia Postal, que sumó 5,5 puntos de 6. No segundo posto clasificouse Rafael Sánchez de León, do Club Xadrez Loureiro, con 4,5 puntos, e con 3,5 puntos acadó o tercer posto Manuel García do Club Ateneo de Ourense.



Copa Galicia de Clubs 2011

0000-00-00

Varios clubes ourensáns participaron nesta competición. O Club Xadrez Ourense acadou a terceira posición, o Universitario clasificouse decimoterceiro, seguido do Club Xadrez Loureiro, no decimocuarto.



Campionato Zonal Absoluto

0000-00-00

Celebrarase os días 3, 4, 6, 8, 10 e 11 de decembro de 2011. Todas as roldas disputaranse ás 17:00. O local de xogo será a Asociación de veciños "El Olimpo" (Plaza 500, 8). O ritmo de xogo será de 90 minutos para toda a partida máis 30 segundos de incremento por xogada. Para os emparellamentos seguirase o sistema suízo, calculado polo programa Swiss-Manager.
Os participantes deberán estar federados nalgún club de xadrez da zona de Ourense.
Poderanse pedir 2 byes durante as cinco primeiras roldas, que se deberán solicitar por escrito antes do final da primeira rolda. Non se outorgarán puntos polos byes.
Trofeo para os 3 primeiros clasificados, o Campión terá una CESTA DE NADAL como premio e sortearase outra CESTA DE NADAL entre todos os xogadores participantes.
Inscricións en [email protected] / [email protected]



Festival de Xadrez en Expourense

0000-00-00

Gran éxito de participación na IV edición deste torneo. Os gañadores das distintas categorías foron: Martín Gómez Carreño en sub8, Martín Pena Varela en sub10, Pablo Vidal en sub12, Julio Suárez en sub14 e David Gómez en sub16. Os dous xogadores ourensanos, Martín Gómez de Carmelitas, e David Gómez de Xadrez Ourense, asegúranse así o triunfo no circuito galego escolar.



Torneo Universitario

0000-00-00

O pasado sábado, 22 de outubro, tivo lugar unha nova edición do tradicional torneo Universitario no Campus de Ourense. Armando De Sousa foi o campión, seguido moi de preto por Javier Varasa e Juan Carlos Barbosa. Aarón Ferreiro proclamouse campión univeristaio, mentras que David Vázquez e Miguel Ferreiro gañaron nas categorías cadete e infantil.



G.M. Iván Salgado gañador do Maxistral de Barcelona

0000-00-00

O G.M. ourensán conseguiu 5,5 puntos ante fortes grandes maestros coma o norteamericano G.M. Yasser Seirawan.



Información sobre xadrez na provincia de Ourense

gnu logo

Liga 2016

Login

Páxina:  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12   ARQUIVO

Visitas:contador   Actualizado: 19/01/2016