Manuel Villar comenza a súa actividade social na década dos 60 na súa terra natal, Remuiño (Arnoia). Xa nos 70, chegado a Ourense paraleliza a súa vida laboral con numerosas actividades no eido da animación social, importante peza da engranaxe da vida política cidadá e do asociacionismo, eido no que consagra grande parte do seu traballo á naquel entonces recén fundada, A.V.V. de Veciños Barrocás (1973), colectivo que, ainda non extinto o rexime franquista, constituese como un dos focos de maior actividade social, cultural e lúdica da nosa cidade, en ocasións (a fináis da década dos 70) con programas de actividades máis densos que os do propio Concello da nosa capital. 

 

 

Os aficionados ó xadrez de todas as idades na nosa cidade e provincia coñecen a Villar por unha máis das súas facetas, a de organizador deportivo, concretamente do Aberto Internacional de Xadrez “Aninovo Barrocás”, un evento que ininterrumpidamente dende 1985 Manuel Villar decide sacar adiante co grande esforzo que esto supón ano tras ano, sacrificando nadal tras nadal, para levar a bo termo o torneo decano do xadrez provincial e un dos máis veteranos do panorama galego e sen siquer ser aficionado ó xadrez.

 

 

Na pasada edición  2007-08 foron 195 os xadrecistas de todas as idades os que ateigaron os locais da A.V.V. de Barrocás, dende a categoría Senior ata as categorías dos máis xóvenes. Este evento vai encarar a súa XXIV edición ininterrumpida.

 

 

Este servidor público, como a el mesmo lle gusta definirse, é unha das persoas que máis ten feito polo desenvolvimento do xadrez en Ourense nos últimos 25 anos, (de xeito absolutamente desinteresado, facto que queda ainda máis patente si temos en conta que apenas coñece o movimento das pezas) ademáis do Aninovo non hai que esquecer a escola de Xadrez Barrocás que durante moitos anos foi factoría de importantes xadrecistas da nosa capital. Incluso cabría mencionar a nivel anecdótico que o xadrecista máis prometedor de España e un dos G.M. máis prometedores do mundo, ten un estreito vínculo con Barrocás.

 

 

Vaia dende estas breves liñas a felicitación de todo o colectivo xadrecístico ourensán para Manuel Villar Fernández.pola súa longa e fructífera traxectoria persoal.

 

 

 

 

www.ourenxadrez.net